Xurxo Martínez González
Quick Facts
Biography
Xurxo Martínez González, nado en Coia (Vigo) en 1984, é un escritor e investigador galego.
Traxectoria
Doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e premio extraordinario de tese de doutoramento. Formou parte do Proxecto Sarmiento do Consello da Cultura Galega e de Informes de Literatura, do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Participa en varios grupos de investigación sobre temas relacionados co século XIX galego. Dende o ano 2017 é o responsable técnico do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.
Publicou traballos de investigación en Grial, A Trabe de Ouro, Murguía. Revista Galega de Historia, Glaucopis. Boletín do Instituto de Estudo Vigueses, Boletín Avriense, Boletín Galego de Literatura, Anuari Verdaguer, Itinerarios ou Arraianos. Colabora na prensa dixital e escrita (Vieiros, A Peneira, Altermundo, Praza Pública ou Faro de Vigo).
Presentou a súa tese de doutoramento, dirixida por Gonzalo Navaza, sobre o periódico La Oliva (1856-1857), coa cal acadou a cualificación de sobresainte cum laude e o Premio Extraordinario da Universidade de Vigo. É especialista na época do Rexurdimento, no primeiro provincialismo e na prensa decimonónica (en particular a da cidade de Vigo). Sobre estes temas participou en distintos congresos e conferencias.
Como investigador histórico sacou á luz traballos sobre Rosalía de Castro, Aurelio Aguirre, Ramón Villar Ponte, Fuco Gómez, Luís Soto, Martín Sarmiento, Fermín Penzol, Eduardo e Alejandro Chao, Juan Compañel ou Roberto González Pastoriza. Colaborou nos libros colectivos de homenaxe a Francisco Fernández del Riego, Urbano Lugrís González, Antía Cal e Xosé González Martínez.
Preside a asociación cultural A Nave das Ideas.
Obras
Ensaio
- Fuco Gómez, 2007.
- Luís Soto. A xeira pola unidade galega, 2011, Xerais.
Obras colectivas
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
- Vida e obra de Manuel Leiras Pulpeiro, con Armando Requeixo, 2012, Galaxia.
- "Roberto González Pastoriza, un xurista de lei", 2013, Irmandade Xurídica Galega.
- Rosalía na cobiza do lonxe, 2013, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de expansión, 2013, Bubela.
- Recuerdos de agosto. Obra poética 1850-1858, de Aurelio Aguirre, con Olivia Rodríguez, 2013, Alvarellos Editora.
- Cadernos Ramón Piñeiro XXXIII. Epistolario Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro (Historial dun libro), con Luis Alonso Girgado e Luis Cochón Touriño, 2015, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- "Recordo dos Villar Ponte: Antón e Ramón", Arredor das Irmandades da Fala, 2016, Xerais.
- "Roberto González Pastoriza, crónica dun avogado galeguista", en Xuristas das Irmandades da Fala. 2016, Galeguizar Galicia.
- "Contra a desmemoria", prólogo do Centenário das Irmandades da Fala. 30º Festival da Poesía no Condado. 2016, SCD Condado.
- Os últimos carballos do Banquete de Conxo, con Henrique Alvarellos, Francisco Singul e Martín Souto. 2016, Alvarellos Editora.
- Fermín Penzol, rexistrador, bibliófilo e galeguista, 2017, Galeguizar Galicia.
Premios
- En 2011 gañou a XII edición do Premio de poesía Díaz Jácome co poemario Nocturno de Mondoñedo.
- En 2012 conseguiu o primeiro premio da I Edición do Premio Manuel Leiras Pulpeiro. Foi finalista no premio Losada Diéguez 2012.
- En 2013 gañou o primeiro premio de poesía do certame literario de Universidade de Vigo cun poema titulado "Río Miño".
- En 2014 recibiu o primeiro premio de relato curto da Universidade de Vigo co conto titulado "Dúas pezas de ouro" e o segundo premio tamén da Universidade de Vigo co poemario "Turonio".
- En 2015 fíxose co primeiro premio de relato curto da Universidade de Vigo co conto tiulado "Fragmentos".
- En 2016 recibiu o Premio Extraordinario de Tese de Doutoramento da Universidade de Vigo.