peoplepill id: xurxo-martinez-gonzalez
XMG
Spain
3 views today
3 views this week
Xurxo Martínez González
Escritor e investigador galego

Xurxo Martínez González

The basics

Quick Facts

Intro
Escritor e investigador galego
Places
Gender
Male
Birth
Place of birth
Vigo
Age
41 years
The details (from wikipedia)

Biography

Xurxo Martínez González, nado en Coia (Vigo) en 1984, é un escritor e investigador galego.

Traxectoria

Doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e premio extraordinario de tese de doutoramento. Formou parte do Proxecto Sarmiento do Consello da Cultura Galega e de Informes de Literatura, do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Participa en varios grupos de investigación sobre temas relacionados co século XIX galego. Dende o ano 2017 é o responsable técnico do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.

Publicou traballos de investigación en Grial, A Trabe de Ouro, Murguía. Revista Galega de Historia, Glaucopis. Boletín do Instituto de Estudo Vigueses, Boletín Avriense, Boletín Galego de Literatura, Anuari Verdaguer, Itinerarios ou Arraianos. Colabora na prensa dixital e escrita (Vieiros, A Peneira, Altermundo, Praza Pública ou Faro de Vigo).

Presentou a súa tese de doutoramento, dirixida por Gonzalo Navaza, sobre o periódico La Oliva (1856-1857), coa cal acadou a cualificación de sobresainte cum laude e o Premio Extraordinario da Universidade de Vigo. É especialista na época do Rexurdimento, no primeiro provincialismo e na prensa decimonónica (en particular a da cidade de Vigo). Sobre estes temas participou en distintos congresos e conferencias.

Como investigador histórico sacou á luz traballos sobre Rosalía de Castro, Aurelio Aguirre, Ramón Villar Ponte, Fuco Gómez, Luís Soto, Martín Sarmiento, Fermín Penzol, Eduardo e Alejandro Chao, Juan Compañel ou Roberto González Pastoriza. Colaborou nos libros colectivos de homenaxe a Francisco Fernández del Riego, Urbano Lugrís González, Antía Cal e Xosé González Martínez.

Preside a asociación cultural A Nave das Ideas.

Obras

Ensaio

  • Fuco Gómez, 2007.
  • Luís Soto. A xeira pola unidade galega, 2011, Xerais.

Obras colectivas

  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
  • Vida e obra de Manuel Leiras Pulpeiro, con Armando Requeixo, 2012, Galaxia.
  • "Roberto González Pastoriza, un xurista de lei", 2013, Irmandade Xurídica Galega.
  • Rosalía na cobiza do lonxe, 2013, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
  • Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de expansión, 2013, Bubela.
  • Recuerdos de agosto. Obra poética 1850-1858, de Aurelio Aguirre, con Olivia Rodríguez, 2013, Alvarellos Editora.
  • Cadernos Ramón Piñeiro XXXIII. Epistolario Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro (Historial dun libro), con Luis Alonso Girgado e Luis Cochón Touriño, 2015, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
  • "Recordo dos Villar Ponte: Antón e Ramón", Arredor das Irmandades da Fala, 2016, Xerais.
  • "Roberto González Pastoriza, crónica dun avogado galeguista", en Xuristas das Irmandades da Fala. 2016, Galeguizar Galicia.
  • "Contra a desmemoria", prólogo do Centenário das Irmandades da Fala. 30º Festival da Poesía no Condado. 2016, SCD Condado.
  • Os últimos carballos do Banquete de Conxo, con Henrique Alvarellos, Francisco Singul e Martín Souto. 2016, Alvarellos Editora.
  • Fermín Penzol, rexistrador, bibliófilo e galeguista, 2017, Galeguizar Galicia.

Premios

  • En 2011 gañou a XII edición do Premio de poesía Díaz Jácome co poemario Nocturno de Mondoñedo.
  • En 2012 conseguiu o primeiro premio da I Edición do Premio Manuel Leiras Pulpeiro. Foi finalista no premio Losada Diéguez 2012.
  • En 2013 gañou o primeiro premio de poesía do certame literario de Universidade de Vigo cun poema titulado "Río Miño".
  • En 2014 recibiu o primeiro premio de relato curto da Universidade de Vigo co conto titulado "Dúas pezas de ouro" e o segundo premio tamén da Universidade de Vigo co poemario "Turonio".
  • En 2015 fíxose co primeiro premio de relato curto da Universidade de Vigo co conto tiulado "Fragmentos".
  • En 2016 recibiu o Premio Extraordinario de Tese de Doutoramento da Universidade de Vigo.

    Notas

    Véxase tamén

    The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
    Lists
    Xurxo Martínez González is in following lists
    comments so far.
    Comments
    From our partners
    Sponsored
    Xurxo Martínez González
    arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes