peoplepill id: xose-henrique-costas
XC
Spain
4 views today
7 views this week
Xosé-Henrique Costas

Xosé-Henrique Costas

The basics

Quick Facts

A.K.A.
Xosé Henrique Costas Xosé Henrique Costas González Xosé-Henrique Costas González
Places
Gender
Male
Place of birth
Vigo
Age
62 years
The details (from wikipedia)

Biography

Para ver o artigo do futbolista e adestrador galego, prema en Quique Costas

Xosé-Henrique Costas González, nado en Sárdoma, Vigo, o 11 de agosto de 1962, é un lingüista galego e actualmente (2010) director de Normalización lingüística.

Traxectoria

Costas doutorouse en Filoloxía Galega pola USC en 1995 e traballa desde ese mesmo ano como profesor na facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Ademais, desde o ano 2010 exerce como vicerreitor de Extensión Universitaria.

Foi coordinador do proxecto de investigación Estudio lingüístico, etnográfico y antropológico del Val do Río Ellas. É especialista na fala do Val do Ellas, na provincia estremeña de Cáceres.

É membro do consello de redacción das revistas Anima+l, Estudios de Sociolingüística e Lingua e Dereito. Así mesmo, é un membro destacado da plataforma cívica ProLingua.

No ano 2012 incorporouse á Real Academia Galega como académico correspondente.

Foi vicerreitor de extensión universitaria da Universidade de Vigo entre 2010 e 2014.

Obra

Ensaios

  • Aspectos sociolingüísticos do bilingüismo en Galicia segundo os alumnos da segunda etapa de EXB (1986)
  • Galego Coloquial (1986)
  • 1.000 nomes galegos (1991)
  • Dicionario galego de sinónimos (1997)
  • The Galician Language in Education in Spain (2001).
  • Guía das linguas de Europa (2001, Positivas).
  • O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura) (2013, Xerais).

Artigos

  • Os subsistemas sibilantes no galego do Val do Río Ellas (1998)
  • Valverdeiro, lagarteiro e mañego: o "galego" do Val do Río Ellas (Cáceres) (1999)
  • Toponimia galega no Val do Río Ellas (1999)
  • Tipoloxía das falas do Val do Río Ellas (2000)
  • Aspectos sociolingüísticos das falas do Val do Río Ellas (2000).

Edicións

  • Seis sainetes valverdeiros, de Isabel López Lajas (Positivas).

Obras colectivas

  • Escolma de poesía berciana en lingua galega (1860-1960) (Positivas). Con Concepción Álvarez.
  • 55 mentiras sobre a lingua galega (2009), Laiovento.

Premios

  • 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1984, por Corazón de laranxa.

Notas

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Xosé-Henrique Costas is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Xosé-Henrique Costas
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes