Xosé-Henrique Costas
Quick Facts
Biography
- Para ver o artigo do futbolista e adestrador galego, prema en Quique Costas
Xosé-Henrique Costas González, nado en Sárdoma, Vigo, o 11 de agosto de 1962, é un lingüista galego e actualmente (2010) director de Normalización lingüística.
Traxectoria
Costas doutorouse en Filoloxía Galega pola USC en 1995 e traballa desde ese mesmo ano como profesor na facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Ademais, desde o ano 2010 exerce como vicerreitor de Extensión Universitaria.
Foi coordinador do proxecto de investigación Estudio lingüístico, etnográfico y antropológico del Val do Río Ellas. É especialista na fala do Val do Ellas, na provincia estremeña de Cáceres.
É membro do consello de redacción das revistas Anima+l, Estudios de Sociolingüística e Lingua e Dereito. Así mesmo, é un membro destacado da plataforma cívica ProLingua.
No ano 2012 incorporouse á Real Academia Galega como académico correspondente.
Foi vicerreitor de extensión universitaria da Universidade de Vigo entre 2010 e 2014.
Obra
Ensaios
- Aspectos sociolingüísticos do bilingüismo en Galicia segundo os alumnos da segunda etapa de EXB (1986)
- Galego Coloquial (1986)
- 1.000 nomes galegos (1991)
- Dicionario galego de sinónimos (1997)
- The Galician Language in Education in Spain (2001).
- Guía das linguas de Europa (2001, Positivas).
- O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura) (2013, Xerais).
Artigos
- Os subsistemas sibilantes no galego do Val do Río Ellas (1998)
- Valverdeiro, lagarteiro e mañego: o "galego" do Val do Río Ellas (Cáceres) (1999)
- Toponimia galega no Val do Río Ellas (1999)
- Tipoloxía das falas do Val do Río Ellas (2000)
- Aspectos sociolingüísticos das falas do Val do Río Ellas (2000).
Edicións
- Seis sainetes valverdeiros, de Isabel López Lajas (Positivas).
Obras colectivas
- Escolma de poesía berciana en lingua galega (1860-1960) (Positivas). Con Concepción Álvarez.
- 55 mentiras sobre a lingua galega (2009), Laiovento.
Premios
- 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1984, por Corazón de laranxa.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- O microsistema subsistema C do subsistema silabante thetaísta do galego, estudo en Googlebooks.
- "Valverdeiro, lagarteiro e mañego: o «galego» do val do río Ellas (Cáceres)", artigo de Costas para o xornal Vieiros.
- Entrevista co lingüista co gallo do galego eonaviego, no xornal La Opinión
- Reseña do libro 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinado por X.H. Costas, en Galiciaé.