Xesús Pisón
Quick Facts
Biography
Xesús Emilio Pisón Villapol, nado en Ferreira do Valadouro, Lugo, en 1954, é un autor dramático galego.
Traxectoria
Aos nove anos trasládase á Coruña. Aos dezaseis lígase ao mundo teatral, participando como actor no grupo Os Cans Ceibes, adscrito a Teatro Circo. Cultivou a poesía e a narrativa. Co tempo decántase pola escrita teatral. Trátase dun dos autores dramáticos máis destacados desde a década de 1980, contando cunha variada produción. Ten publicados, ademais, ensaios sobre teatro, literatura e mitoloxía, e realiza traballos escenográficos, deseños de vestiario, carteis de espectáculos e ilustracións de libros e revistas teatrais.
As súas obras foron levadas a escena, entre outras, pola Compañía Luís Seoane, a Escola Dramática galega, Teatro do Alvardán, Clube Teatral Elsinor , G. T. Badius, Uvegá Teatro, 8días Teatro...
Colaborou en medios e publicacións periódicas como A Nosa Terra, O Correo Galego, Escaramuza, Grial, Casahamlet, Luzes de Galicia, Arlequín, Sermos Galiza, Galicia Hoxe, ADDE ou a Revista Galega de Teatro.
Obra
Teatro
- O Xigante Don Gandulfo, Señor de Tentequedo (1980, Cadernos da Escola Dramática Galega).
- O pauto (1983, Cadernos da Escola Dramática Galega).
- O rei aborrecido (1984, Castrodouro).
- Santuario (1997, Sotelo Blanco)
- Ei, Feldmühle! (1991, Deputación da Coruña).
- Antoine de Lévaillant (1993, Elsinor Teatro)
- María e Flora (1993, Elsinor Teatro)
- Venenos (1994, Deputación da Coruña).
- O inmortal (1994, Agalia)
- Viva Peter Pan (1995, AS-PG).
- Teatro-minuto (1996, Cadernos de Teatro).
- Tatuaxes (1998, Art Teatral)
- O cuarto de Ofelia (1999, Casahamlet)
- Quero ser Hamlet (1999, Casahamlet)
- Crisálidas (2000, Cadernos de Teatro).
- O libro, carta a María Casares (2001, Casahamlet)
- Home e muller preñada (2001, Revista Galega de Teatro)
- Venus Podre (2001, Revista galega de Teatro)
- Animal / Vacío (2002, Cadernos de Teatro).
- O milagre de Baíñas (2003, Fervenza).
- Os ollos (2003, Edições Tema).
- Escena de Lisístrata para Psicosis González (2005, Galicia Hoxe)
- Cóxegas (2005, Laiovento).
- Noite invadida (2005, Universidade da Coruña)
- A túa boneca (2007, Casahamlet).
- O regreso (2007, Galicia Hoxe)
- A cloaca (2007, Galicia Hoxe)
- Peza de Frankenstein (2010, Casahamlet)
- Tania e 2009 (2013, Revista Galega de Teatro)
Literatura infantil-xuvenil
- O pintor do vento (1985, Galaxia).
- A porta prohibida (1985, Galaxia).
- O demo presumido (1987, Galaxia)
Ensaio
- Memoria da Esfinxe (2002, Casahamlet).
- Hamlet ADN (2005, A Nosa Terra)
- A man rota (2005, A Nosa Terra)
- Nós (2005, Galicia Hoxe)
- Edipo de Neve (2013, Sermos Galiza)
- A Casa (2013, Sermos Galiza)
- Espellos (2013, Sermos Galiza)
- CANCIÓN mitoloxía da NAI no Valadouro (2014, cadernos do SEVA)
- Nais (2015, Sermos Galiza)
Publicacións conxuntas
- Monólogos (1987, Sotelo Blanco). Teatro.
- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989) (1990, Edicións do Castro). Poesía.
- O camiño das estrelas (1993, Elsinor Teatro). Teatro.
- Contos do Valadouro (1998, A Nosa Terra). Narrativa.
- Arqueoloxía do Valadouro. Prehistoria (2010, Deputación de Lugo). Investigación.
Premios
- Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1980, por O país dos ríos.
- Premio do Concurso de Teatro Breve da Escola Dramática Galega no 1983, por O pauto.
- Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1984, por O demo presumido.
- Premio de teatro Rafael Dieste da Deputación da Coruña no 1991, por Ei, Feldmülhe!
- Premio de teatro Rafael Dieste no 1994, por Venenos.