peoplepill id: xesus-pison
XP
Spain
7 views today
7 views this week
The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Birth
Age
71 years
The details (from wikipedia)

Biography

Xesús Emilio Pisón Villapol, nado en Ferreira do Valadouro, Lugo, en 1954, é un autor dramático galego.

Traxectoria

Aos nove anos trasládase á Coruña. Aos dezaseis lígase ao mundo teatral, participando como actor no grupo Os Cans Ceibes, adscrito a Teatro Circo. Cultivou a poesía e a narrativa. Co tempo decántase pola escrita teatral. Trátase dun dos autores dramáticos máis destacados desde a década de 1980, contando cunha variada produción. Ten publicados, ademais, ensaios sobre teatro, literatura e mitoloxía, e realiza traballos escenográficos, deseños de vestiario, carteis de espectáculos e ilustracións de libros e revistas teatrais.

As súas obras foron levadas a escena, entre outras, pola Compañía Luís Seoane, a Escola Dramática galega, Teatro do Alvardán, Clube Teatral Elsinor , G. T. Badius, Uvegá Teatro, 8días Teatro...

Colaborou en medios e publicacións periódicas como A Nosa Terra, O Correo Galego, Escaramuza, Grial, Casahamlet, Luzes de Galicia, Arlequín, Sermos Galiza, Galicia Hoxe, ADDE ou a Revista Galega de Teatro.

Obra

Teatro

  • O Xigante Don Gandulfo, Señor de Tentequedo (1980, Cadernos da Escola Dramática Galega).
  • O pauto (1983, Cadernos da Escola Dramática Galega).
  • O rei aborrecido (1984, Castrodouro).
  • Santuario (1997, Sotelo Blanco)
  • Ei, Feldmühle! (1991, Deputación da Coruña).
  • Antoine de Lévaillant (1993, Elsinor Teatro)
  • María e Flora (1993, Elsinor Teatro)
  • Venenos (1994, Deputación da Coruña).
  • O inmortal (1994, Agalia)
  • Viva Peter Pan (1995, AS-PG).
  • Teatro-minuto (1996, Cadernos de Teatro).
  • Tatuaxes (1998, Art Teatral)
  • O cuarto de Ofelia (1999, Casahamlet)
  • Quero ser Hamlet (1999, Casahamlet)
  • Crisálidas (2000, Cadernos de Teatro).
  • O libro, carta a María Casares (2001, Casahamlet)
  • Home e muller preñada (2001, Revista Galega de Teatro)
  • Venus Podre (2001, Revista galega de Teatro)
  • Animal / Vacío (2002, Cadernos de Teatro).
  • O milagre de Baíñas (2003, Fervenza).
  • Os ollos (2003, Edições Tema).
  • Escena de Lisístrata para Psicosis González (2005, Galicia Hoxe)
  • Cóxegas (2005, Laiovento).
  • Noite invadida (2005, Universidade da Coruña)
  • A túa boneca (2007, Casahamlet).
  • O regreso (2007, Galicia Hoxe)
  • A cloaca (2007, Galicia Hoxe)
  • Peza de Frankenstein (2010, Casahamlet)
  • Tania e 2009 (2013, Revista Galega de Teatro)

Literatura infantil-xuvenil

  • O pintor do vento (1985, Galaxia).
  • A porta prohibida (1985, Galaxia).
  • O demo presumido (1987, Galaxia)

Ensaio

  • Memoria da Esfinxe (2002, Casahamlet).
  • Hamlet ADN (2005, A Nosa Terra)
  • A man rota (2005, A Nosa Terra)
  • Nós (2005, Galicia Hoxe)
  • Edipo de Neve (2013, Sermos Galiza)
  • A Casa (2013, Sermos Galiza)
  • Espellos (2013, Sermos Galiza)
  • CANCIÓN mitoloxía da NAI no Valadouro (2014, cadernos do SEVA)
  • Nais (2015, Sermos Galiza)

Publicacións conxuntas

  • Monólogos (1987, Sotelo Blanco). Teatro.
  • Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989) (1990, Edicións do Castro). Poesía.
  • O camiño das estrelas (1993, Elsinor Teatro). Teatro.
  • Contos do Valadouro (1998, A Nosa Terra). Narrativa.
  • Arqueoloxía do Valadouro. Prehistoria (2010, Deputación de Lugo). Investigación.

Premios

  • Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1980, por O país dos ríos.
  • Premio do Concurso de Teatro Breve da Escola Dramática Galega no 1983, por O pauto.
  • Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1984, por O demo presumido.
  • Premio de teatro Rafael Dieste da Deputación da Coruña no 1991, por Ei, Feldmülhe!
  • Premio de teatro Rafael Dieste no 1994, por Venenos.

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Xesús Pisón is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Xesús Pisón
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes