Pepy G. Clavijo
Quick Facts
Biography
Josefa González Clavijo, nada en Los Barrios (provincia de Cádiz) o 2 de xuño de 1934, é unha escritora galega de orixe andaluza, máis coñecida como Pepy G. Clavijo.
Traxectoria
Filla de pai militar, de nena viviu en Assilah (Protectorado Español de Marrocos). Instalouse coa súa familia en Pontevedra en 1950. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, e deu clase nas Academias Helenes e Minerva até que aprobou oposicións ao ensino público. Despois deu clase nos colexios de Vilalonga (Sanxenxo), Quintela (Moaña) e O Toural (Vilaboa) até a súa xubilación en 2004.
Comezou a publicar unha sección en Diario de Pontevedra sobre os nomes das rúas da vila pontevedresa. En 1996 unha escolma de 98 deses nomes foi publicada pola Deputación de Pontevedra, con ilustracións de Juan Carlos Vilar. En 2008 apareceu unha edición ampliada con 173 rúas Publicou tamén outros libros de poesía e relatos, así como un volume sobre as igrexas e mosteiros de Pontevedra.
Participou en numerosos recitais. Dirixe o grupo de teatro da Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Pontevedra.
Vida persoal
En 1952 casou con Fernando Estévez López (fillo da mestra Milagros López Blanco), e tiveron unha filla e dous fillos.
Obra
Poesía
- Poesías (1996)
- Poesías II (1998)
- Poesías III (2005)
- Poemas y relatos (2008)
- Vuelta... e volta (2014; con Eva Rodríguez Ferreirós)
Narrativa
- Cuentos y... Contos e... (2000; con Eva Rodríguez Ferreirós)
- Reflejos (relatos, 2002; con Ico Estévez)
- Curiosidades (2011)
- Secuencias (2014)
Ensaio
- Pontevedra, de los nombres propios de las calles (1996; con ilustracións de Juan Carlos Vilar Pérez)
- Las calles de Pontevedra (2008; con ilustracións de Juan Carlos Vilar Pérez)
- Templos de Pontevedra (2008)
Notas
- ↑ "Pepy, redactora de su propia esquela para que se sepa lo feliz que fue", artigo de María Hermida en La Voz de Galicia, 10 de marzo de 2018 (en castelán).
- ↑ "Calles con nombre propio", artigo de Elena Larriba en La Voz de Galicia, 11 de febreiro de 2009 (en castelán).
Control de autoridades | |
---|---|
Control de autoridades |