peoplepill id: pepy-g-clavijo
PGC
Spain
5 views today
5 views this week
Pepy G. Clavijo
Mestra e escritora andaluza

Pepy G. Clavijo

The basics

Quick Facts

Intro
Mestra e escritora andaluza
Places
Gender
Female
Place of birth
Los Barrios, Spain
Age
90 years
The details (from wikipedia)

Biography

Josefa González Clavijo, nada en Los Barrios (provincia de Cádiz) o 2 de xuño de 1934, é unha escritora galega de orixe andaluza, máis coñecida como Pepy G. Clavijo.

Traxectoria

Filla de pai militar, de nena viviu en Assilah (Protectorado Español de Marrocos). Instalouse coa súa familia en Pontevedra en 1950. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, e deu clase nas Academias Helenes e Minerva até que aprobou oposicións ao ensino público. Despois deu clase nos colexios de Vilalonga (Sanxenxo), Quintela (Moaña) e O Toural (Vilaboa) até a súa xubilación en 2004.

Comezou a publicar unha sección en Diario de Pontevedra sobre os nomes das rúas da vila pontevedresa. En 1996 unha escolma de 98 deses nomes foi publicada pola Deputación de Pontevedra, con ilustracións de Juan Carlos Vilar. En 2008 apareceu unha edición ampliada con 173 rúas Publicou tamén outros libros de poesía e relatos, así como un volume sobre as igrexas e mosteiros de Pontevedra.

Participou en numerosos recitais. Dirixe o grupo de teatro da Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Pontevedra.

Vida persoal

En 1952 casou con Fernando Estévez López (fillo da mestra Milagros López Blanco), e tiveron unha filla e dous fillos.

Obra

Poesía

  • Poesías (1996)
  • Poesías II (1998)
  • Poesías III (2005)
  • Poemas y relatos (2008)
  • Vuelta... e volta (2014; con Eva Rodríguez Ferreirós)

Narrativa

  • Cuentos y... Contos e... (2000; con Eva Rodríguez Ferreirós)
  • Reflejos (relatos, 2002; con Ico Estévez)
  • Curiosidades (2011)
  • Secuencias (2014)

Ensaio

  • Pontevedra, de los nombres propios de las calles (1996; con ilustracións de Juan Carlos Vilar Pérez)
  • Las calles de Pontevedra (2008; con ilustracións de Juan Carlos Vilar Pérez)
  • Templos de Pontevedra (2008)

Notas

  1. "Pepy, redactora de su propia esquela para que se sepa lo feliz que fue", artigo de María Hermida en La Voz de Galicia, 10 de marzo de 2018 (en castelán).
  2. "Calles con nombre propio", artigo de Elena Larriba en La Voz de Galicia, 11 de febreiro de 2009 (en castelán).
Control de autoridades
Control de autoridades
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Pepy G. Clavijo is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Pepy G. Clavijo
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes