peoplepill id: juan-luis
JL
Spain
1 views today
14 views this week
The basics

Quick Facts

A.K.A.
Juan Luis López García
Places
Gender
Male
Birth
Death
Age
85 years
The details (from wikipedia)

Biography

Juan Luis López García, chamado Juan Luis, nado en Santiago de Compostela en 1894 e falecido en Madrid en 1979, foi un pintor galego.

Traxectoria

Comezou na actividade pictórica na infancia no taller do pai. Fórmase basicamente nas aulas de pintura de Mariano Tito Vázquez e na Escola de Artes e Oficios da cidade. Obtivo unha bolsa de estudos do Concello de Santiago coa que se desprazou a Madrid. Alí coñeceu, por mediación de Francisco Asorey, a artistas da época como Manuel Bujados ou Julio Romero de Torres.

Ao seu regreso contaba xa cun certo prestixio. Participa na Exposición Rexional da Coruña, en 1917, e obtén grandes gabanzas dos críticos da época. Encargóuselle a restauración do retablo da igrexa de Arcos de Furcos (Cuntis), e alí coñeceu a Xosefa, coa que casaría en 1918. Participou en distintas edicións da Exposición Nacional de Belas Artes que se celebraba en Madrid.

En 1926 viaxa como bolseiro a París, onde coñece a Carlos Maside, que o introduciría nos faladoiros artísticos dos cafés de Montmartre e Montparnasse, e no 1930 desprázase de novo como bolseiro da deputación da Coruña a visitar distintos museos e galerías de Italia, Suíza e Francia. Despois da Guerra Civil ingresa como catedrático na Escola Superior de Belas Artes de Barcelona.

A súa pintura é basicamente de temática costumista, especialmente campesiña. Habería que encadralo na mesma xeración que Castelao, Xesús Corredoyra ou os seus grandes amigos Felipe Bello Piñeiro e Francisco Asorey.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Areán, C.: Treinta años de Arte Español, Madrid,1972.
  • Arte Gallego (catálogo), Santiago de Compostela, 1926.
  • Artistas Galegos: pintores (rexionalismo I). Juan Luis, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.
  • Cerviño Lago, M.J.: El pintor Juan Luis: apuntes sobre su vida y su obra (catálogo),
  • López Vázquez, J.: "Juan Luis", en Gran Enciclopedia Gallega, tomo 18, pp. 117–120.
  • Mon, Fernando: La pintura actual en Galicia, A Coruña, 1972.
  • Travieso Mougán, J.: Juan Luis, un goce de la pintura (catálogo), Diputación Provincial de La Coruña, 1984.
  • Travieso, J. ; Cerviño Lago, J.: El pintor Juan Luis (catálogo), Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1994.

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Juan Luis is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Juan Luis
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes