peoplepill id: isaac-xubin
IX
Spain
3 views today
3 views this week
Isaac Xubín
Escritor e tradutor galego

Isaac Xubín

The basics

Quick Facts

Intro
Escritor e tradutor galego
A.K.A.
Isaac Fernández Fernández
Places
Gender
Male
Place of birth
A Coruña
Age
46 years
The details (from wikipedia)

Biography

Isaac Fernández Fernández, coñecido como Isaac Xubín, nado na Coruña o 9 de xullo de 1978, é un escritor galego.

Traxectoria

Pasou a súa infancia en Xubín (Oleiros). Estudou nos salesianos da Coruña e no IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo. Viviu en Euskadi para aprender éuscaro. Realizou traducións do éuscaro e publicou un dicionario bilingüe galego-éuscaro. É mestre en Política lingüística e planificación da lingua galega e traballou como tradutor, profesor e investigador. Entre 2009 e 2012 foi lector de galego no Colexio Universitario de Cork. No ano 2014 comezou a escribir a súa tese de doutoramento centrada nas relacións entre literatura e gastronomía.

Como creador ten publicado obras de poesía e narrativa curta. En 2011 obtivo o premio Eusebio Lorenzo Baleirón polo seu poemario Con gume de folla húmida. Escribe a sección galega no proxecto plurilingüe Temps Obert 11.1. É membro das Redes Escarlata.

Como deportista afeccionado, xogou ao rugby no Mareantes de Pontevedra e no Bandon RFC. Na tempada 2013-14 facíao no Sundays Well RFC; polo demais, mantén un blog dedicado a este deporte intitulado "Melé a cinco" e edita a revista pontevedresa O salmón oval. Tamén xoga ao fútbol gaélico, primeiro no Nemo Rangers de Cork, e máis tarde no Douglas GAA, amais da Selección Galega, coa que participou no encontro internacional Galiza-Bretaña, celebrado en Narón o 21 de xullo de 2012.

É curmán do futbolista Javier Fernández Abruñedo.

Obras

Poesía

  • Elementos de matemática, 2002, Xerais.
  • Lisboa, 2004, Xerais.
  • Con gume de folla húmida, 2012, Sotelo Blanco.
  • A cadencia da fractura, 2017, Xerais.

Narrativa

  • Chateâu Bobcat, 2009, Xerais.
  • Le pied de Julien DuPuy, 2011, Xerais.
  • Non hai outro camiño, 2016, Xerais.

Ensaio

  • Dicionario galego-euskara hiztegia, 2011, Universidade de Vigo.

Traducións

  • Bilbao-New York-Bilbao de Kirmen Uribe, 2010, Xerais.
  • Alén da fronteira. Sete poetas vascos, 2012, Faktoría K.
  • Pasaia blues, de Harkaitz Cano, 2013, Hugin e Munin.
  • Eno mar cabe quant'i quer caber, 2014, Deputación de Pontevedra.
  • Tempo de exilio, de Joseba Sarrionaindia, 2014, Faktoría K.
  • A boca pobre, de Flann O'Brien, 2016, Rinoceronte.
  • A orquestra terrestre, de Harkaitz Cano, 2017, Xerais.
  • A hora de espertarmos xuntos, de Kirmen Uribe, 2017, Xerais.

Obras colectivas

  • Xuro que nunca volverei pasar fame: poesía escarlata, 2003, Difusora. En concreto publicou o poema "Danny Boy".
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
  • Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, 2015, Concello de Pontevedra/Galaxia.

Premios

  • Premio de poesía da Universidade de Vigo (2002 e 2004).
  • Accésit de poesía da Universidade de Vigo (2006).
  • Premio de relato curto no IX Certame Os Viadutos do Concello de Redondela, por Château Bobcat (2009).
  • Premio de relato curto no XII Certame Os Viadutos do Concello de Redondela, por Le pied de Julien DuPuy (2011).
  • Premio de tradución da Universidade de Vigo (2009).
  • Premio Eusebio Lorenzo Baleirón (2011), por Con gume de folla húmida.
  • Premio Lois Tobío da Asociación Galega de Editores ao mellor libro traducido no 2012, por Alén da fronteira. Sete poetas vascos.
  • Premio Etxepare de Tradución, por Tempo de exilio, de Joseba Sarrionandia (2015).
  • Premio Lueiro Rey de poesía (2017), por A cadencia da fractura.
  • Premio da Crítica de narrativa galega (2016) por Non hai outro camiño.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Isaac Xubín is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Isaac Xubín
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes