Isaac Xubín
Quick Facts
Biography
Isaac Fernández Fernández, coñecido como Isaac Xubín, nado na Coruña o 9 de xullo de 1978, é un escritor galego.
Traxectoria
Pasou a súa infancia en Xubín (Oleiros). Estudou nos salesianos da Coruña e no IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo. Viviu en Euskadi para aprender éuscaro. Realizou traducións do éuscaro e publicou un dicionario bilingüe galego-éuscaro. É mestre en Política lingüística e planificación da lingua galega e traballou como tradutor, profesor e investigador. Entre 2009 e 2012 foi lector de galego no Colexio Universitario de Cork. No ano 2014 comezou a escribir a súa tese de doutoramento centrada nas relacións entre literatura e gastronomía.
Como creador ten publicado obras de poesía e narrativa curta. En 2011 obtivo o premio Eusebio Lorenzo Baleirón polo seu poemario Con gume de folla húmida. Escribe a sección galega no proxecto plurilingüe Temps Obert 11.1. É membro das Redes Escarlata.
Como deportista afeccionado, xogou ao rugby no Mareantes de Pontevedra e no Bandon RFC. Na tempada 2013-14 facíao no Sundays Well RFC; polo demais, mantén un blog dedicado a este deporte intitulado "Melé a cinco" e edita a revista pontevedresa O salmón oval. Tamén xoga ao fútbol gaélico, primeiro no Nemo Rangers de Cork, e máis tarde no Douglas GAA, amais da Selección Galega, coa que participou no encontro internacional Galiza-Bretaña, celebrado en Narón o 21 de xullo de 2012.
É curmán do futbolista Javier Fernández Abruñedo.
Obras
Poesía
- Elementos de matemática, 2002, Xerais.
- Lisboa, 2004, Xerais.
- Con gume de folla húmida, 2012, Sotelo Blanco.
- A cadencia da fractura, 2017, Xerais.
Narrativa
- Chateâu Bobcat, 2009, Xerais.
- Le pied de Julien DuPuy, 2011, Xerais.
- Non hai outro camiño, 2016, Xerais.
Ensaio
- Dicionario galego-euskara hiztegia, 2011, Universidade de Vigo.
Traducións
- Bilbao-New York-Bilbao de Kirmen Uribe, 2010, Xerais.
- Alén da fronteira. Sete poetas vascos, 2012, Faktoría K.
- Pasaia blues, de Harkaitz Cano, 2013, Hugin e Munin.
- Eno mar cabe quant'i quer caber, 2014, Deputación de Pontevedra.
- Tempo de exilio, de Joseba Sarrionaindia, 2014, Faktoría K.
- A boca pobre, de Flann O'Brien, 2016, Rinoceronte.
- A orquestra terrestre, de Harkaitz Cano, 2017, Xerais.
- A hora de espertarmos xuntos, de Kirmen Uribe, 2017, Xerais.
Obras colectivas
- Xuro que nunca volverei pasar fame: poesía escarlata, 2003, Difusora. En concreto publicou o poema "Danny Boy".
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, 2015, Concello de Pontevedra/Galaxia.
Premios
- Premio de poesía da Universidade de Vigo (2002 e 2004).
- Accésit de poesía da Universidade de Vigo (2006).
- Premio de relato curto no IX Certame Os Viadutos do Concello de Redondela, por Château Bobcat (2009).
- Premio de relato curto no XII Certame Os Viadutos do Concello de Redondela, por Le pied de Julien DuPuy (2011).
- Premio de tradución da Universidade de Vigo (2009).
- Premio Eusebio Lorenzo Baleirón (2011), por Con gume de folla húmida.
- Premio Lois Tobío da Asociación Galega de Editores ao mellor libro traducido no 2012, por Alén da fronteira. Sete poetas vascos.
- Premio Etxepare de Tradución, por Tempo de exilio, de Joseba Sarrionandia (2015).
- Premio Lueiro Rey de poesía (2017), por A cadencia da fractura.
- Premio da Crítica de narrativa galega (2016) por Non hai outro camiño.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Entrevista en Galicia Hoxe
- Entrevista en La Voz de Galicia
- Ficha de socio na AELG
- Perfil en As Escollas Electivas