Yolanda López López
Quick Facts
Biography
Yolanda López López, nada en Ourense o 13 de abril de 1976, é unha escritora, pintora e tradutora galega.
Traxectoria
É funcionaria de carreira na Administración de Xustiza. Licenciada en Filoloxía inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela e Técnica Superior en Turismo, realizou o DEA e a tesiña sobre a escritora norteamericana sureña Eudora Welty. Traballou como bolseira no Centro Ramón Piñeiro, en universidades galegas e do estranxeiro como Santiago de Compostela, A Coruña, Castilla-La Mancha, Swansea (Gales), Virginia e Mississippi (EUA) e Birmingham (Reino Unido), e foi docente no ensino medio e universitario. Estudou pintura na Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense e no Centro Dotacional Integrado de Arganzuela de Madrid.
Colaborou en xornais e medios diversos con artigos de opinión, recensións, poemas e relatos: Dorna, Xistral, Saudade, Lúa Nova, A Xanela, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Thaumazein, Estadea, La Oca Loca, Olga, Boletín galego de literatura, El Correo Gallego, Galicia Hoxe, La Región e La Voz de Galicia.
Obra
En galego
Poesía
- Verdugos impolutos, 2005, Fundación Amigos de Galicia, Concello de Rábade.
- Obertura sen heroe, 2006, Libros da Frouma, Follas Novas Edicións.
- Moralla, 2013, Libros do Loureiro, Follas Novas Edicións.
- Tántalo, 2014, Concello de Negreira e Xunta de Galicia.
Tradución
- 40 sonetos de William Shakespeare, 2012.
- 28 poemas agrestes de Emily Brönte, 2013.
- Retrato dunha rapaza en cristal de Tennessee Williams, 2013.
- A vella casa de xoguetes e outras historias de Kamala Suraiya Das, 2013.
- Breve antoloxía de poesía anglosaxoa sobre Fisterra. De Walt Whitman a Sylvia Plath. 2014.
Obras colectivas
- As aforas do soño, 2005, Casa da Gramática.
- ArtNatura. Xunta de Galicia e Adega, 2005.
- Homenaxe dos poetas galegos a Federico García Lorca contra a súa morte, 2006, Xerais.
- Niveis de competencia en lingua galega, Xunta de Galicia. 2006.
- Benvidas. Poetas tamiles e galegas, 2007, Implicadas no desenvolvemento,Galaxia.
- Uxío Novoneyra. A emoción da terra, 2007, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Letras novas, 2008, AELG.
- XVII Premios literarios Manuel Oreste Rodríguez López. Concello de Paradela e Xunta de Galicia. 2012.
- Filografias, Lastura, 2013.
- Alén do silencio, Abooks, Lugo, 2014.
- Angrois, Asociación de Amigos del Camino de Santiago de Valencia, Xacobeo, 2014.
- O soño galego de Julio Cortázar, (Coordinación de Francisco Fernández Naval), Linteo, 2014.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
- Fisterras, Lastura, 2015.
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
En castelán
Poesía
- Grietas. Visión libros, 2012.
- Temblor fiero. Lastura, 2013.
- Con el tambor del viento. Huerga & Fierro, 2015.
- Paisajes subterráneos / Paisaxes soterradas. Plaquette bilingüe. Carmina in minima re / Digital Work, 2015.
Obras colectivas
- Poekas. De Vallecas al verso. Editorial Lastura, 2014.
- Antología I Concurso de poesía "Por amor a la poesía". Letras con Arte, 2014
- ¿Vienes o vas? Poesías, relatos y palabras que viajan en nuestros equipajes. Fundación CEPAIM, 2014.
- Surcos. Para que no te olvides del poema. Editorial Lastura, Colección Poekas, 2016.
- Poetas en Vallecas. Ayuntamiento de Madrid, Distrito Puente de Vallecas, 2017.
En inglés
Ensaio
- André Lefevere: Translation, Rewriting and the Manipulation of Literary Fame. Boletín Galego de Literatura, USC, 2003.
- Weaving the Threads of Identity: Eudora Welty's Fiction. USC, 2003.
- The Modern Individual in Eudora Welty’s A Curtain of Green and Other Stories: Stumbling into the Maze of a Dehumanizing Society. Universidade da Coruña, 2004.
- Fighting the Dragon in a Labyrinth of Shadows: The Individual and the Community in Eudora Welty’s The Golden Apples. Revista de Estudios de Filología Moderna de la Universidad de Castilla la Mancha, Ciudad Real, 2004.
Ilustracións
- Verdugos impolutos. Yolanda López López. Concello de Rábade. 2005
- Dúbidas de María. Xurxo Sierra Veloso. II Certame de relato de muller Matilde Bares. Concello de Bueu. 2007
- Obertura sen heroe. Yolanda López López. Follas Novas Edicións. 2006
- Moralla. Yolanda López López. Follas Novas Edicións, 2013.
- Temblor fiero. Yolanda López López. Madrid: Editorial Lastura, 2013.
Premios
- 1ª Premio de poesía Suso Vaamonde, O Grelo, Fundación Amigos de Galicia, 2004, polo poemario Verdugos impolutos.
- 1ª Premio de poesía Aurelio Aguirre de Santiago de Compostela, 2005, por O murmurio da danza.
- 1ª Premio de poesía Antón Tovar de Rairiz de Veiga, Ourense, con Obertura sen heroe, 2006.
- 2º Premio de poesía Rosalía de Castro de Cornellà, 2006, por Contaminación acústica.
- Mención de honra do Premio de poesía Manuel-Oreste Rodríguez López de Paradela, 2011.
- 2º Premio de poesía da Fundación CEPAIM para a solidariedade de Madrid, 2011.
- 2º Premio de poesía Xosé Neira Vilas da USC, 2012.
- 2º Premio de poesía Rosalía de Castro de Cornellá, 2012.
- 1ª Premio de poesía do I Premio Manuel María da Casa de Galicia de Guipuzcoa, 2013.
- Finalista do III Premio de poesía PICAPEDREROS da Revista LA OCA LOCA, 2013.
- 1ª Premio de poesía do II Certame de poesía Manuel López Ardeiro do Concello de Negreira, 2014.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Yolanda López López na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Perfil en As escollas electivas
- Entrevista en Galicia Hoxe.
- Entrevista en ABC (en castelán).