Xosé Vilas Nogueira
Quick Facts
Biography
Xosé Vilas Nogueira, nado en Vigo o 25 de xullo de 1936 e finado o 19 de agosto de 2010, foi un xurista e profesor galego.
Traxectoria
Estudou en Oviedo e trasladouse a Francia para desenvolver as súas investigacións académicas. Posteriormente volveu a Compostela onde obtivo o doutorado cunha tese sobre o Estatuto de Galicia na Segunda República. Dende 1968 exerceu a docencia na Universidade de Santiago de Compostela, primeiro como profesor titular de Ciencia Política e despois como catedrático de Ciencia Política e da Administración. Foi decano da Facultade de Ciencias Económicas (1984-1986) e da Facultade de Ciencias Políticas (1991-1996). Integrado nun primeiro momento no Partido Obreiro Galego, participou no Consello de Forzas Políticas Galegas e na redacción das Bases constitucionais de 1977.
Obras
- O Estatuto galego, 1975.
- Dende Galicia: Marx, 1985.
- Las Elecciones autónomicas de Galicia: (1981-1990), 1992.
- O Sistema político galego, 1994.
- Gobierno y Administración en las CC.AA., 2000.