peoplepill id: xose-manuel-gonzalez-reboredo
XMGR
Spain
3 views today
5 views this week
Xosé Manuel González Reboredo

Xosé Manuel González Reboredo

The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Place of birth
Lugo
Age
78 years
The details (from wikipedia)

Biography

Xosé Manuel González Reboredo, nado en Lugo o 12 de outubro de 1946, é un antropólogo galego. Influído por Fermín Bouza-Brey, especializouse en prehistoria e etnografía galegas.

Traxectoria

Licenciouse en Filosofía e Letras (especialidade de Historia) pola Universidade de Santiago de Compostela en 1968, coa cualificación de Premio Extraordinario. Na USC foi profesor de prehistoria e etnoloxía entre 1968 e 1970 e encargado da cátedra na Escola de Maxisterio de Lugo, doutorándose en 1974 na mesma universidade. Catedrático de bacharelato (1980), foi profesor do Instituto Rosalía de Castro e de ciclo superior de Técnicos de Información Turística. Presidiu o Clube Nacionalista Alén Nós.

É colaborador e membro do padroado do Museo do Pobo Galego e responsable da Sección de Etnografía Material (cultura agraria) dende a súa fundación ata 1989 e membro da xunta reitora de 1987 a 1990, e membro da sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega, e dirixiu a sección de Etnografía e Folklore do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento de 1976 a 2001, do que tamén foi secretario e bibliotecario. Membro do Consello Editorial do Proxecto Galicia e coordinador dos volumes de Antropoloxía Cultural de Hércules de Edicións. Colaborou coas publicacións Anuario de Historia de la Antropología Española (Barcelona), Antropológicas (Universidade Fernando Pessoa, Porto), Cuadernos de Estudios Gallegos e Guía dos Libros Novos (Santiago de Compostela).

Membro das comisións técnicas de Etnografía e de Valoración de BICs da consellería de Cultura da Xunta de Galicia, da comisión de cultura da Deputación de Lugo e do padroado da Fundación Antonio Fraguas.

Participou en varias escavacións arqueolóxica, como a de O Buriz, Guitiriz, codirixida con Fermín Bouza-Brey e Carlos García Martínez.

Correspondente da Real Academia Galega dende 1972 e membro da xunta directiva da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.

Obra

Fixo traballos etnográficos de campo en Galicia e León. Foi coordinador de seis simposios organizados polo Consello da Cultura Galega e presidente do III Congreso de Historia da Antropoloxía e Antropoloxía Aplicada. (Pontevedra, 1996). Ten máis dun cento de artigos e relatorios publicados en Galicia, España e outros países e varios libros, entre os que destacan:

En galego

Lendas Galegas de Tradición Oral, BBdCG.
  • Lendas Galegas de Tradición Oral, Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1983.
  • A festa de San Xoán, Ir Indo, 1989, ISBN 84-7680-015-0.
  • Guía de festas populares de Galicia, Guías Galaxia, 1997. ISBN 84-8288-130-2.
  • Sociedade e tecnoloxía tradicionais do val de Ancares, con Clodio González Pérez, 1996.
  • Medicina popular e antropoloxía da saúde. Actas do Simposio internacional en homenaxe rendida a D. Antonio Fraguas (coordinador), 1997.
  • Nos lindeiros da galeguidade. Estudio antropolóxico do val de Fornela (etnohistoria, etnomusicoloxía, etnografía), con Luís Costa e Clodio González, CCG, 2002, ISBN 84-95415-56-9.
  • Vida e obra de Xaquín Lorenzo, Galaxia, 2004. ISBN 84-8288-663-0.
  • Os santos titulares de parroquia en Galiza, Sotelo Blanco Edicións, 2012, ISBN 9788478246267

En castelán

  • El folklore en las castros gallegos, USC, 1971.
  • Entroido: aproximación a la fiesta del carnaval en Galicia, con X. R. Mariño Ferro, Deputación da Coruña, 1987. ISBN 84-505-5520-5.
  • Antropología y Etnografía de las proximidades de la Sierra de los Ancares, con Joaquín Rodríguez Campos e Clodio González Pérez, Deputación de Lugo, 1990-91, ISBN 84-86824-70-2.
  • La invención del Estado-nación, reflexión (in-)útil para una justificación de las ideas vulgares, y no tan vulgares, sobre la nación, 2001, ISBN 84-88413-72-6.

    Premios

    Gañou o premio Vicente Risco de Ciencias Sociais no 2012, por Os santos titulares de parroquia en Galiza. Pasado, presente e perspectivas de futuro.

    Notas

    Véxase tamén

    Bibliografía

    •  
    •  
    •  
    •  
    The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
    Lists
    Xosé Manuel González Reboredo is in following lists
    comments so far.
    Comments
    From our partners
    Sponsored
    Xosé Manuel González Reboredo
    arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes