Xosé Cobas
Quick Facts
Biography
Xosé Cobas Gómez, nado en Logrosa en 1953, é un ilustrador galego.
Traxectoria
Expuxo por vez primeira en 1977, na cidade da Coruña. A partir de 1980 compaxinou a pintura co deseño gráfico e maila ilustración, e dende 1988 centra a súa actividade de ilustrador na literatura infantil e xuvenil. Ten traballado canda autores de prestixio tal que os galegos Juan Farias, Xabier P. DoCampo ou Fina Casalderrey (todos tres contan co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que outorga o Estado español). Así mesmo, os seus traballos están espallados por diversas editoriais: Grupo Anaya, Galaxia, Edicións Xerais de Galicia, Edelvives etc.
Ten impulsado tamén a revista de banda deseñada Golfiño, canda o chairego Xabier P. Docampo, e é un claro defensor e promotor da lingua galega, do cal da boa proba a súa pertenza á plataforma cívica ProLingua. Ilustra periodicamente dende 1981 para o xornal La Voz de Galicia.
Dende 1991 traballa como deseñador gráfico para a Deputación da Coruña.
Premios e distincións
Foi galardoado co premio Lecturas ao ilustrador máis votado polos lectores das bibliotecas de Galicia entre toda a produción editorial do ano 2003. Posúe tamén o premio FETEN ao mellor libro de teatro xuvenil ilustrado en España (ano 2002) e o premio Gourmand World Cookbook Awards (2004) ao mellor libro do mundo de literatura gastronómica en castelán.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha, en Prazadasletras.
- Xosé Cobas, Páxina web oficial.