Xabier Cordal
Quick Facts
Biography
Xabier Cordal Fustes, nado na Coruña o 27 de novembro de 1965, é un escritor galego.
Traxectoria
Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Compostela. Desde 1989 exerce como profesor de Lingua e Literatura galegas, actualmente no IES da Terra Chá. Reside no Corgo.
Como escritor destaca a súa produción poética (foi un dos integrantes do grupo poético Ronseltz), pero tampouco se poden esquecer as súas críticas literarias e as súas múltiples colaboracións xornalísticas no xa extinto O Correo Galego (dentro do suplemento Revista das Letras) e en Galicia Hoxe. Tamén colaborou en varias publicacións periódicas como A Trabe de Ouro.
Foi ademais coautor do guión do filme A mariñeira e letrista do grupo musical Luar na Lubre ("Memoria da noite" ou "Centeás" levan a súa sinatura).
Tamén colaborou con artigos de opinión no xornal dixital Vieiros e formou parte das Redes Escarlata. Mantivo os blogs Monte Alto e Centeás (2010-2014).
Obras
Poesía
- Arianrod. Baía (A Coruña, 1993).
- Fruto do teixo. Edicións do Castro (Sada, 1994).
- Afásia. Baía (A Coruña, 1997).
- A vella peneira a noite. Baía (A Coruña, 2001).
- Transmuta. Xerais (Vigo, 2012).
Ensaio
- "A ideoloxía reintegracionista (notas de filoloxía política 2.0)" in A Trabe de Ouro, nº 79.
Obras colectivas
- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Edicións do Castro.
- Congresso Álvaro Cunqueiro: Actas, 1993, Deputación de Lugo. Coordinador da edición, con Araceli Herrero Figueroa, Bernardo Penabade e Ramom Reimunde.
- Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (Ronseltz), Positivas, 1994.
- XIV Festival da Poesia no Condado (libro colectivo de poesía). Ed. Sociedade Cultural e Desportiva do Condado (Salvaterra de Miño, 1994).
- dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90. Ed. Letras de Cal (Santiago de Compostela, 1999).
- Alma de beiramar (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2003).
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (libro colectivo de poesía). Ed. Espiral Maior (A Coruña, 2003).
- Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata (Difusora, 2003).
- Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero (Espiral Maior, 2007).
- 55 mentiras sobre a lingua galega (Laiovento, 2009).
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (Toxosoutos, 2010).
- Cociñando ao pé da letra (Galaxia, 2011). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
- Premios Terras de Chamoso (2007-2009) (2011, Asociación Cultural Arumes do Corgo).
- A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013, A. C. Caldeirón).
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega).
Premios
- Gañador do Concurso Nacional de Poesía O Facho no 1988, por Estamos de festa.
- Premio Eusebio Lorenzo Baleirón no 1993, por Fruto do teixo.
- Premio da Crítica Galicia de Creación literaria en 2013, por Transmuta.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha na BVG
- Xabier Cordal na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Artigos de X. Cordal en Vieiros