Wenceslao González Garra
Quick Facts
Biography
Wenceslao González Garra, nado en Vilagarcía de Arousa o 19 de xaneiro de 1888 e finado na mesma vila o 16 de setembro de 1965, foi un navieiro e político galego.
Traxectoria
Propietario da navieira González Garra. Foi consignatario e dono do Salto Eléctrico do Tambre que adquiriu en 1918, e que foi xerme de Fenosa. Constituíu en 1918 a sociedade Fábricas Coruñesas de Gas y Electricidad xunto con Ricardo Rodríguez Pastor. Encomenda ao seu amigo Antonio Palacios o proxecto de Ensanche de Vilagarcía de Arousa, cuxos planos se exhiben na Casa do Concello. Formou parte dos consellos de administración de FENOSA e do Banco de Vigo.
Membro do Partido Conservador, foi elixido deputado polo distrito de Cambados nas eleccións de 1920 e volveu ser elixido deputado nas eleccións de 1923.
Foi un gran amante do deporte da vela, gañador de trofeos patroneando os balandros de 6,5 metros Cisco e Folerpa.
Recoñecementos
O 7 de setembro de 1953 foille imposta a Gran Cruz do Mérito Naval.