Wander Wildner
Quick Facts
Biography
Wander Wildner, como é coñecido Wanderley Luis Wildner, (Venâncio Aires, 20 de setembro de 1959) é un cantante e compositor brasileiro. Ficou coñecido por participar na banda Os Replicantes, que tivo gran importancia no punk rock nacional dos anos 80.
Iniciou a súa carreira en solitario facendo versións musicais, e posteriormente pasou a compoñer as súas propias cancións. Lanzou o seu primeiro disco en 1996, intitulado Baladas Sangrentas producido por Tom Capone, un coñecido produtor brasileiro, pola gravadora Velas.
Algunhas das súas cancións foron versionadas por Ira! e Tequila Baby e participou no 2005 dunha edición do popular Acústico MTV (MTV Unplugged), titulado Acústico MTV: Bandas Gaúchas, canda as bandas Bidê ou Balde, Cachorro Grande e Ultramen.
Discografía
Con Os Replicantes
- O Futuro é Vórtex (1986)
- Histórias de Sexo & Violência (1987)
- Papel de Mau (1989)
- Andróides Sonham com Guitarras Elétricas (1991)
- A Volta dos que Não Foram (2001)
- Go Ahead (2003)
- Os Replicantes em Teste (2004)
- Os Replicantes ao Vivo (1996)
- Rock Garagem (Varios artistas) (1984)
- Rock Grande do Sul (Varios artistas) (1986)
- Hot 20 (1999)
- Old School Veterans Braziliasta (2006)
Carreira en solitario
- Baladas Sangrentas (1997)
- Buenos Dias! (1999)
- "Eu Sou Feio... Mas Sou Bonito!" (2001)
- Paraquedas do Coração (2004)
- La Canción Inesperada (2008)
- Acústico MTV: Bandas Gaúchas (2005)
- Ao Vivo no Café Camalehon (2005)
- No Ritmo da Vida: Hits (2004)
- 10 Anos Bebendo Vinho (2005)