Walter Jonathan Andrew
Quick Facts
Biography
Walter Jonathan Andrew, nado en Derbyshire en 1859 e finado en 1934, foi un numismático e arqueólogo afeccionado británico.
Traxectoria
Primeiros anos e formación
Walter Jonathan Andrew naceu en Derbyshire en 1859, no seo dunha familia coñecida pola súa implicación en asuntos cívicos. Asistiu á escola de Rugby, Warwickshire, e titulouse como avogado en 1882.
Aruqeoloxía e numismática
Á marxe do mundo do Dereito, Andrew tiña outros variados intereses, sinaladamente a arqueoloxía e a numismática. Formou parte do grupo de afeccionados á numismática que en 1903 fundaron a British Numismatic Society, entidade da que foi o seu segundo presidente, entre 1909 e 1910, e tamén foi elixido membro da Sociedade de Anticuarios de Londres, en 1902, e do Hampshire Field Club and Archaeological Society.
Como afeccionado á arqueoloxía participou na escavación na que se achou unha importante cunca saxoa en Oliver's Battery, Hampshire, hoxe depositada no Winchester City Museum. A partir de 1927, centrou o seu foco na descuberta da King John's House, un edificio medieval de pedra en Romsey, Hampshire, da que logrou determinar, a través da investigación en rexistros, que fora construído polo rei Xoán I de Inglaterra e que posteriormente o seu fillo, Henrique III, llo concedera á abadía de Romsey.
Outros intereses
Outros dos seus intereses eran a navegación en globo aerostático —recibiu a medalla de ouro da Balloon Society—, a historia natural —foi editor de honra da Derbyshire and Natural History Society— e o sendeirismo —pertenceu ao Manchester Pedestrian Club —.
Recoñecementos
- (1914): Medalla Sanford Saltus, da British Numismatic Society.
Publicacións
Estes son os traballos monográficos máis representativos dos publicados por Andrew ao longo da súa traxectoria:
- (1901). A numismatic history of the reign of Henry I (1100-1135). 2 volumes. Separata de Numismatic Chronicle. Quaritch, Londres.
- (1903). Notes on ‘A numismatic history of the reign of Henry I.
- (1928). History of King John’s House, Romsey. Romsey.
- (1933). Numismatic sidelights on the battle of Brunanburh, A.D. 937. Harrison, Londres.
- (1934-1935). The die for Stephen's coinage in the Guildhall Museum, and secondary evidence there of an unpublished penny of Henry I. Separata de Numismatic Chronicle, Londres.
Notas
- ↑ "Andrew, Walter Jonathan 1859 - 1934". Hampshire Field Club & Archaeological Society.
- ↑ "The British Numismatic Society: A History". En British Numismatic Journal. Vol. 73. Nº 4. Páxina 1.
- ↑ "History: Presidents of the Society". British Numismatic Society.
- ↑ Proceedings of the Society of Antiquaries of London. Serie 2ª, Vol. XIX. 1902-1903. Páxina 51.
- ↑ "Walter Jonathan Andrew". The British Museum.
- ↑ "Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.
- ↑ "Andrew, Walter Jonathan Arquivado 25 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Andrew, Walter Jonathan". WorldCat Identities.