Virxilio Fernández
Quick Facts
Biography
Virxilio Fernández Cañedo, nado en Ourense en 1925 e finado na mesma cidade o 8 de setembro de 2011, foi pintor galego.
Traxectoria
Estudou na Escola de Artes e Oficios de Ourense. Integrouse no grupo "Sete artistas galegos", con Xaime Quessada, Xosé Luís de Dios, Manuel Buciños, Arturo Baltar, Acisclo Manzano e Xavier Pousa Carrera. Expuxo por primeira vez en 1954 no Liceo ourensán. En 1957 ingresou na École Nationale Supérieure des Beaux Arts de París, para completar a súa formación. En 1972 expuxo por primeira vez en Milán e a partir de 1975 deuse a coñecer en Alemaña. En 1991 realizou unha exposición antolóxica no Centro Cultural Caixavigo que o consagrou definitivamente en Galicia.
Obra
Virxilio é un debuxante minucioso e un paisaxista conciso. Tamén é autor de retablos, pintura a modo de baixorrelevo, que transmite un enorme lirismo.
Véxase tamén
Bibliografía
- Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981.
Ligazóns externas
- Virxilio Fernández na Colección Afundación.