peoplepill id: vidal-payo-fernandez
VPF
Spain
6 views today
6 views this week
Vidal Payo Fernández

Vidal Payo Fernández

The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Birth
Age
93 years
The details (from wikipedia)

Biography

Vidal Payo Fernández, nado en Alemparte (Lalín) en 1915 e finado en Lalín, o 5 de maio de 2008, foi un canteiro e escultor galego.

Traxectoria

Orfo de nai comeza a traballar o granito á idade de 13 anos nos montes de Alemparte e Pedroso e aos 18 anos xa posuía o seu propio conxunto de canteiros. Casou con Carme Cangado coa que ten cinco fillos e sete netos.

A súa obra caracterízase pola forza expresiva con influencia do románico galego. En palabras de Antón Castro: "Ten un tradicional traballo primitivista e radicalmente galego, en canto ao proceso estético, de Vidal Payo, enérxico na concepción de formas que evocan a sabedoría expresionista dos mellores canteiros, aqueles que souberon dotar de sensibilidade e gusto aos seus proxectos, tal como nos deixa ver nesas mulleres laxeirianas de granito".

Obras

Ten obra espallada por Galiza, Madrid, Canarias, Andalucía, Cataluña, Asturias, Italia, Francia, Alemaña, Venezuela ou Arxentina. A súa obra pódese dividir en sete grandes grupos: cruceiros, figuras relixiosas, figuras profanas e nus, fontes, escudos, construcións e figuras móbiles.

  • Cruceiros: Rodeiro (1951), Madrid (1968), Ourense (1960), Vilanova de Arousa (1983), Burela (1988), Alto do Faro (1994), Complexo 2000 (Lalín, 1994).
  • Figuras relixiosas: Sagrado Corazón (Lalín, 1956); (Oviedo, 1957); Peregrina (Cambados, 1957); Virxe do Carme (Moneixas-Lalín, 1982); Peregrina e Apóstolo (Lugo, 1983); San Antón (A Coruña, 1985); Divina Pastora (Lalín, 1992).
  • Figuras profanas e nus: Afiador (Alemaña, 1959); Leiteira (A Coruña, 1972); Carallás (Arxentina, 1978); O cura das abellas (Chantada, 1984); Ferreiro (Fundación "A Solaina", Piloño-Vila de Cruces, 1984); Nu colección Requeixo (1985), Nus gregos (Vigo, 1985); Maternidades (Ourense, 1963 e 1973. A Coruña, 1981. Lalín, 1986).
  • Fontes: Ferrol (1962 e 1986), Santiago de Compostela (1964), Vigo (1965), Lalín (1970), A Coruña (1978).
  • Escudos: Santiago de Compostela (1969), Rodeiro (1982), Lugo (1987), Pontevedra (1987), Lalín (1998).
  • Construcións: Ampliación da Igrexa de Lalín: naves laterais, campanario, sancristía...

Premios e distincións

  • 22 diplomas de Honra.
  • Primeira medalla no certame Ano Santo Compostelán (1971).
  • Medalla na Feira da Casa de Campo de Madrid e na Exposición de Artesanía de Santiago de Compostela (1972).
  • No Palacio de Cristal de Madrid outórgaselle a categoría de "Artesán Distinguido" (1972).
  • Felicitación de Honra en Palma (1975).
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Vidal Payo Fernández is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Vidal Payo Fernández
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes