Victorino Pérez Prieto
Quick Facts
Biography
Victorino Pérez Prieto, nado en Hospital de Órbigo (provincia de León) o 18 de outubro de 1954, é un escritor e teólogo galego.
Traxectoria
Realizou estudos de Filosofía e Teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán e na Universidade Pontificia de Salamanca, onde se licenciou en teoloxía dogmática cunha tese sobre a dimensión relixiosa da xeración Nós e se doutorou cunha tese sobre a teoloxía interrelixiosa e intercultural de Raimon Panikkar. Ordenado sacerdote, exerceu o ministerio na diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Deu clases nas universidades de Santiago de Compostela e A Coruña. Foi o primeiro director da revista Irimia e é membro do Consello de redacción da revista Encrucillada, na que ten publicado numerosos artigos teolóxicos. Ten publicado tamén numerosos artigos noutras revistas e diarios galegos (A Nosa Terra, Grial, Lumieira, Tempos, Guía de libros, Criterios...) e de fóra do país (Sal terrae, Iglesia viva, El Ciervo...) e varios libros individuais e en colaboración.
É membro da Asociación de Teólogos Juan XXIII e da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
O seu traballo teolóxico e intelectual ten varios centros de interese: A relación entre galeguismo e cristianismo como compromiso cristián con Galiza; pero tamén interculturalidade e interrelixiosidade a nivel mundial, particularmente na relación entre occidente e oriente. Ecoloxismo e cristianismo; nos ultimo tempos con particular atención a unha mística ecolóxica. E unha concepción de Deus para hoxe, particularmente nunha perspectiva trinitaria que non se refire só ao Deus "ad intra", senón a Deus en relación cos humanos e co cosmos.
Obra en galego
Ensaio
- A xeración "Nós". Galeguismo e relixión, 1988, Galaxia.
- Cristiáns e galeguistas, 1994, Irimia.
- Galegos e cristiáns. "Deus fratresque Gallaeciae", 1995, SEPT.
- Do teu verdor cinguido. Ecoloxismo e cristianismo, 1997, Espiral Maior.
- A Romaxe de Crentes Galegos. De Irimia a Santa Margarida, 1998, Irimia.
- Con cordas de tenrura, 2000, SEPT (tradución española: Con cuerdas de ternura, Madrid, 2002).
- Contra a síndrome N.N.A. Unha aposta pola esperanza, 2005, Xerais.
- Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario, 2010, Galaxia.
Edicións
- Os ríos pasan cheos de Deus. Poesía religiosa en galego, 2007, Toxosoutos.
- Obras de teatro (grandes e pequenas) para o Nadal, 2009, Tambre.
- Moncho Valcarce. Un símbolo para Galiza, 2010, Trifolium.
- Prisciliano e o priscilianismo. Da condena á rehabilitación, 2012, Biblos Clube.
Colaboracións en obras colectivas
- 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Asociación Cultural Xermolos.
- “Castelao e a verdade dos pobres”, en O Ensino da lingua: por un cambio de rumo, 1995, AS-PG.
- “Manuel María, poeta relixioso”, en Manuel María, 2001, Ophiusa.
- Homenaxe a Xosé Lois García, 1996, Barcelona.
- “A dimensión teolóxica do camiño”, en Aulas no camiño. Diálogos nun camiño da cultura Europea, 2007, A Coruña.
- “A Igreja do futuro”, en Ser Igreja, 2007, Lisboa.
- “Pensamento relixioso”, Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, 2008, Xerais.
- Perspectivas sobre Bóveda: Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano, 2011, A. C. Alexandre Bóveda.
Obra en castelán
Ensaio
- Ecologismo y cristianismo, 1999, Santander.
- Más allá de la fragmentación de la teología el saber y la vida: Raimon Panikkar, 2008, Valencia.
- Dios, hombre, mundo. La Trinidad en Raimon Panikkar, 2008, Barcelona.