Sergio Zearreta
Quick Facts
Biography
Sergio Zearreta López, nado en Amorebieta (Biscaia) en 1975, é un actor e músico vasco radicado en Galicia.
Traxectoria
Formado nos grupos de teatro Sardiña da Coruña e Maricastaña de Ourense, traballou coas compañías Matarile Teatro, Espello Cóncavo, Voadora Compañía, Chévere Producciones, Palimoco Teatro, Centro Dramático Galego e Contraproducións. Protagonizou o musical Galicia Caníbal de Filmanova Invest.
Participou nas series Vivir sin permiso, El final del camino, Urxencia cero, Serramoura, Hospital Real, Matalobos, Piratas e As leis de Celavella. Tamén presentou os programas da TVG Heicho cantar, queridiña e O Explorador. Protagonizou a longametraxe Crebinsky, logrando o premio ó mellor actor no Festival CineSpaña de Tolousse 2011.
Na súa faceta musical está á fronte das formacións Lamatumbá, Gallaecia Big Band e Banda Crebinsky, coa que conseguiu o premio Martín Códax 2016 ó mellor proxecto na categoría de Músicas do Mundo e 2019 na categoría de Reggae, Ska e Mestizaxe.
Filmografía
Cine
- A nena azul (2018) Curtametraxe
- Crebinsky (2011) Longametraxe
Televisión
- Vivir sin permiso (2018) Reparto
- O final do camiño (2017) Episódico
- Augasquentes (2016) Episódico
- O faro (2016) Reparto
- Hospital Real (2015) Episódico
- Urxencia cero (2015) Episódico
- A casa da Conexa (2014) Episódico
- O explorador (2013) Presentador
- Serramoura (2012) Reparto
- Heicho cantar, queridiña (2012) Presentador
- Piratas (2011) Reparto
- XIV Premios María Casares (2010) Reparto
- Matalobos (2010) Reparto
- VII Premios Mestre Mateo (2009) Presentador
- Padre Casares (2009) Episódico
- Os Atlánticos (2008) Episódico
- XI Premios María Casares (2007) Presentador
- A vida por diante (2007) Episódico
- As leis de Celavella (2005) Episódico
Teatro
- Commedia25 (2018) Contraproducións
- Ultranoite110 (2018) Chévere
- Martes de Carnaval (2017) Centro Dramático Galego
- En busca do Nadal (2017) Concello de Ourense
- Escapárate de xénero (2017) Chévere
- Medea, salvaxe? (2016) Palimoco Teatro
- Ultranoite107 (2016) Chévere
- Ultranoite105 (2015) Chévere
- A tempestade (2014) Voadora
- Eurozone (2014) Chévere
- Días sen gloria (2013) Centro Dramático Galego
- Galicia Caníbal, o musical (2012) Filmanova
- Tokio3 (2012) Voadora
- A ópera dos tres reás (2011) Centro Dramático Galego
- Limpeza de sangue (2010) Espello Cóncavo
- Super8 (2010) Voadora
- Illa Reunión (2006) Centro Dramático Galego
- Historia natural (2005) Matarile Teatro
- Acto seguido (2002) Matarile Teatro
- Novecento (2001) Teatro á deriva
Música
- Banda Crebinsky (2014-actualidade) CD 'Zirkus Affe'
- Gallaecia Big Band (2014-actualidade)
- Anfibia (2011-2014)
- Lamatumbá (2007-2011) CDs 'Paraugas Universal' e 'A Órbita da Banda Hipnótica'
Premios
- Mellor actor no Festival CineSpaña de Toulouse (2011) por Crebinsky
- Primeiro premio no Certame Teatro Xove Xunta de Galicia (2001) por Novecento
Notas
- ↑ Banda Crebinsky (ed.). "Quen somos". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2018.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Sergio Zearreta (web)
- Sergio Zearreta na IMDb (en inglés).