Sandalio Alonso de la Riva
Quick Facts
Biography
Sandalio Alonso de la Riva, nado en Boñar o 8 de maio de 1904 e finado en Vilagarcía de Arousa o 19 de xullo de 1988, foi un político español.
Traxectoria
Militou nas Juventudes Socialistas e afiliouse ao PSOE en 1926. Na Segunda República foi alcalde de Boñar. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Asturias. En Asturias ocupou postos de mando no exército republicano. Ao remate da guerra marchou a Francia polo Pireneos. En Bordeos coñeceu a Rosina Villaverde, filla de Elpidio Villaverde. En 1939 exiliouse en Chile onde estivo algún tempo, para trasladarse a Arxentina en 1942, onde casou con Rosina. En Buenos Aires pertenceu á Agrupación Socialista Pablo Iglesias, na que ocupou diversos cargos directivos. En 1979 regresou coa súa muller a Vilagarcía, e foi secretario da agrupación socialista local ata a súa morte.
Recoñecementos
O 8 de decembro de 1986 foi homenaxeado en Vilagarcía polos seus 60 anos de exemplar militancia socialista.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha na fundación Pablo Iglesias (en castelán)
Control de autoridades | |
---|---|
Control de autoridades |