Salvador González Solla
Quick Facts
Biography
Salvador González Solla, nado en Ponteareas o 1 de xullo de 1961, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
É enxeñeiro agrónomo. Foi xerente da Fundación para o Desenvolvemento Comarcal da Paradanta. Foi candidato do PPdeG ao concello de Ponteareas nas municipais de 1999 e 2003. Foi deputado do PPdeG no Parlamento de Galicia (2003-2004). Logo dunha moción de censura, o 13 de maio de 2004 foi elixido alcalde de Ponteareas co apoio de UCPA. Volveu ser elixido alcalde en 2007 (goberno de coalición do PPdeG e UCPA). En setembro de 2009 tomou posesión como deputado provincial permanecendo como tal ata 2011. En 2011 volveu ser elixido alcalde como candidato da lista máis votada grazas á abstención do PSdeG-PSOE. Dende 2015 traballa na Oficina de Emprego de Ponteareas como funcionario público. Nas Eleccións Xerais de abril de 2019 en España presentouse ao Senado pola provincia de Pontevedra. Non repetiu candidatura nas Eleccións de novembro dese mesmo ano.
Predecesor: Francisco Candeira Mosquera | Alcalde de Ponteareas 2004 - 2015 | Sucesor: Xosé Represas Giráldez |