Roberto Mera
Quick Facts
Biography
Roberto Mera Covas, nado en Ponteareas en setembro de 1971, é un político galego do BNG.
Traxectoria
Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela, fixo tamén estudos de Dereito, e foi socio directivo dunha cooperativa agraria. En 1990 fundou o colectivo Adenco (Asociación para a Defensa da Natureza do Condado) e nas eleccións municipais de 1991 foi candidato BNG nas municipais de 1995 encabezou a candidatura á alcaldía. Desde 2000 asumiu o cargo de responsable comarcal do Bloque no Condado. En abril de 2002 asinou xunto cun grupo de independentes o coñecido como manifesto da Estrada e foi elixido membro do Consello Nacional do BNG. Foi primeiro tenente de alcalde de Ponteareas nun goberno de coalición co PSOE en 2003.
En 2009 abandonou a política activa. En 2012 denunciou ao alcalde de Ponteareas. Investiga sobre a figura de Alejandro Viana Esperón.