peoplepill id: roberto-gonzalez-pastoriza
RGP
Spain
5 views today
5 views this week
Roberto González Pastoriza

Roberto González Pastoriza

The basics

Quick Facts

The details (from wikipedia)

Biography

Roberto González Pastoriza, nado en Moaña o 26 de febreiro de 1898 e finado en Vigo en 1985, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

Fillo de José Benito González Portela, secretario do Xulgado de Moaña. Fixo os estudos primarios na vila natal e trasladouse a Vigo para estudar no Colexio Cívico-Militar de María Auxiliadora entre 1912 e 1915. Despois estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela onde coincidiu con Valentín Paz-Andrade. Ao rematar a carreira incorporouse ao bufete de Adolfo Gregorio Espino en Vigo. Ao acceder este á alcaldía de Vigo deixou o despacho a cargo de Roberto González. Exerceu de letrado externo do Concello de Vigo e da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Colaborou en Galicia e El Pueblo Gallego, usando ás veces o pseudónimo de Gonzal Pastor. En novembro de 1919 asistiu á II Asemblea Nacionalista en Compostela.

No 1930 integrouse no Grupo Autonomista Galego liderado por Valentín Paz-Andrade. Foi membro da súa directiva e bibliotecario, pero un ano despois dimitiu por discrepancias internas. Na Segunda República pertenceu á executiva da Agrupación al Servicio de la República co arquitecto Manuel Gómez Román. Coa constitución das primeiras corporacións democráticas, foi nomeado letrado do Concello de Vigo, cargo que exerceu ata 1936. Xunto con outros avogados promoveu a constitución da Asociación de Avogados de Vigo. Nos anos republicanos trabou amizade con Castelao e foi un dos asesores de Alexandre Bóveda na redacción do Estatuto galego. Apoiou a decisión do Partido Galeguista de se integrar na Frente Popular. Formou parte da delegación galega que entregou en Madrid o Estatuto de autonomía días antes da sublevación do 18 de xullo de 1936.

Tras o golpe de estado foi detido, pero axiña liberado grazas a mediación de Adolfo Gregorio Espino. Pese a iso, exerceu a defensa dos principais cargos políticos da cidade nun consello de guerra sumarísimo que os condenou a morte. Colaborou con La Noche e Faro de Vigo con artigos de temática xudicial e administrativa. En 1947, logo das detencións polas xuntanzas da Unión de Intelectuais Libres, foi xulgado por un tribunal militar e aínda que a causa foi sobresida por falta de probas, foi desterrado a Verín, onde residiu uns anos até que retornou a Vigo e montou o seu propio despacho.

En 1948 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, pero renunciou ao posto en favor de Eugenio Elices Gasset. Nos anos sesenta promoveu a creación do centro de Estudios Comité de Derecho Marítimo de Vigo, participou en actos promovidos pola Fundación Penzol (á que doou parte da súa biblioteca) e da Asociación Cultural de Vigo. Na transición participou na reivindicación do Estatuto de Galicia e en 1978 recibiu a Cruz Distinguida da Orde de San Raimundo de Peñafort.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Roberto González Pastoriza is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Roberto González Pastoriza
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes