Rafael Lareo Mallo
Quick Facts
Biography
Rafael Lareo Mallo, nado en Santiago de Compostela cara a 1900 e finado en Vigo o 17 de abril de 1937, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
Tradutor, en 1929 aprobou os exames para gardas municipais intérpretes da Coruña. En febreiro de 1932 foi expulsado do corpo da Garda Municipal con Juan Santiago Alamo Manzano. En xuño de 1934 foi detido na Coruña por unha pelexa. En abril de 1935 aprobou a oposición para intérprete do Concello de Vigo. Veciño de Lavadores, foi directivo do sindicato de oficios varios da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en consello de guerra sumarísimo en Vigo por rebelión militar. Foi condenado a pena de morte e executado ás 11 horas do 17 de abril de 1937 con Rogelio Arjones, Moisés Pereira Figueras e Ricardo Solla Lemos, nas inmediacións do castelo do Castro.