Rafael Alonso Fernández
Quick Facts
Biography
Rafael Alonso Fernández nado en Pontevedra en 1924 e finado setembro en 1995, foi un pintor galego, especializado na acuarela.
Traxectoria
Comezou a estudar arquitectura en Madrid en 1946, mais deixouno ao pouco tempo. En 1947 fixo a súa primeira exposición en Vigo e Pontevedra simultaneamente. En 1952 marchou durante dous anos a París cunha pensión e alí coñeceu tendencias innovadoras (postimpresionismo, fauvismo, técnica de Duby...), que serviron de base para a súa propia creatividade.
Nos seus comezos a temática era máis paisaxística, derivando cara a formas esquemáticas.
Amigo do editor Sabino Torres, ilustrou a obra de Celso Emilio Ferreiro Musa alemá.
Recibiu a medalla de Ouro da primeira Bienal de Arte de Pontevedra (1970) e a da cuarta Bienal Internacional de Pontevedra (1980), os dous únicos concursos ós que se presentou. A súa obra está en poder de institucións como os Paradores Nacionais de Turismo, o BBVA, a Colección Afundación, o Museo Provincial de Pontevedra ou o Museo Municipal Quiñones de León de Vigo e coleccións privadas do Canadá, Cuba, Estados Unidos de América, Francia, Reino Unido, Rusia…
Notas
- ↑ Pablos, Francisco; A pintura en Galicia | La pintura en Galicia (edición bilingüe), pp. 176-178, Nigra Trea, 2003, ISBN 84-95364-15-8.
- ↑ Pablos, Francisco (1981). Plástica Gallega (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 88–89. ISBN 84-7231-603-3.
- ↑ Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 21-22.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). Grupo El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Véxase tamén
Bibliografía
- Proxecto Galicia, Tomo XVI, Arte Contemporáneo I. Hércules de Ediciones.
- Diccionario enciclopédico galego universal 3. Ir Indo para La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 50. ISBN 84-7680-429-6.
- Enciclopedia Galega Universal 1. Ir Indo. 1999-2002. p. 367. ISBN 84-7680-288-9.
Outros artigos
- Colección Afundación
Ligazóns externas
- Rafael Alonso na Colección Afundación.
- Obras de Rafael Alonso en YouTube
- Bibliografía na páxina web Pintores Gallegos.