Pastor Alonso
Quick Facts
Biography
Pastor Alonso Paz, nado en Ferrol en 1954, é un médico e antigo político galego que foi alcalde de Noia.
Traxectoria
Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago, é urólogo de profesión. Realizou a especialización en uroloxía en Barcelona. Acadou unha certa sona a primeiros dos oitenta por realizar vasectomías en Ferrolterra, onde estaba destinado, e polas campañas de popularización desta técnica. De feito, formou en Narón o Consello Galego de Saúde, unha organización que avogaba por unha sanidade pública dende unha perspectiva de esquerdas. Ampliou a súa formación como médico urólogo en Lisboa.
Politicamente, foi a primeiros dos oitenta concelleiro nacionalista en Narón. Trasladado profesionalmente primeiro ás Pontes e logo a Noia, encabezou a lista do BNG á alcaldía de Noia en 1987, e obtivo a vitoria. Aínda que os resultados non lle permitían gobernar en solitario, chegou a un pacto co PSOE para ser o alcalde da vila. Naquel tempo foi un dos fundadores da Fundación Galega contra o Narcotráfico. As actuacións polémicas de Alonso e a súa popularidade mediática como alcalde que loitaba contra o narcotráfico foron da man. É a época dos conflitos coas areeiras, a reivindicación como pública da illa da Creba, o caso do vertedoiro en San Lázaro e a liorta interna que mantivo co secretario municipal.
Ao remate do primeiro mandato, Alonso incorporara as súas filas a catro concelleiros de PP e PSOE, e revalidou o triunfo en 1991 desta volta con maioría absoluta, mais en 1992 foi condenado por prevaricación polo Tribunal Supremo, por un desaloxo incorrecto a unha familia xitana que realizara durante o seu mandato. Inhabilitado, continuou vencellado á política como asesor do seu sucesor, Bieito González, até que foi cesado pola propia corporación ao perder a súa confianza e deixou definitivamente a política local en 1993.
Nese ano lanza Alternativa Galega, unha nova formación de carácter centrista e nacionalista, que se presenta ás eleccións xerais de 1993, e posteriormente ás autonómicas de outubro dese ano, pero onde non consegue máis ca algo máis de 3000 votos e ningunha representación. Nas eleccións municipais de 1995 o partido consegue un único concelleiro en Noia, Díez Rechou, e apoia o PP para que esta formación se faga coa alcaldía. Ao pouco o partido disólvese e Alonso abandona de vez a política.
Proseguiu a súa traxectoria como médico e tivo consulta en Ferrol e Bilbao. Residiu en Francia. Ten investigado e publicado artigos sobre trasplantes renais.
Notas
- ↑ Rivas, Manuel (1984-07-23). "Los astilleros de Bazán y Astano aportan el mayor número de gallegos vasectomizados". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-01-03.
- ↑ Rivas, Manuel (1984-11-12). "Pastor Alonso". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-01-03.
- ↑ Blanco Antelo, Fina e Nieves Seijo Sabín (2015). "Entrevista aos nosos maiores: Jaime Vilaboy". Hume. Revista de Estudos Históricos Locais 8: 265. ISSN 1888-6183.
- ↑ Carretero, Nacho (2017). Fariña. Xerais. p. 163.
- ↑ "Un arca de Noé en arenas movedizas". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2019-01-03.
- ↑ "La prevaricación salpica al alcalde noiés, que fue cesado". www.lavozdegalicia.es. 06-06-2017. Consultado o 03-01-2019.
- ↑ Cuadra, Bonifacio de la (09-04-1990). "Inhabilitado por 6 años el alcalde de Noia por el desalojo "racista" de una familia gitana". elpais.com. Consultado o 03-01-2019.
- ↑ G., M. (15-05-2006). "Dos libros recogen la evolución política de Noia de 1979 a 1995". www.elcorreogallego.es. Consultado o 03-01-2019.
- ↑ "Xerardo Agrafoxo recolle a evolución política de Noia". www.galiciahoxe.com. 15-05-2006. Consultado o 03-01-2019.
- ↑ "La prevaricación salpica al alcalde noiés, que fue cesado". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-06-06. Consultado o 2019-01-03.
- ↑ "Dr. Pastor Alonso Paz. Urología Bilbao. Clínica Euskalduna". www.clinicaeuskalduna.com. Consultado o 2019-01-03.
- ↑ "El polémico regidor de Noia agranda la conflictiva leyenda del Concello". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-08-22. Consultado o 2019-01-03.
- ↑ "Pastor Alonso Paz's research works in Medicine". ResearchGate (en inglés). Consultado o 2019-01-03.
Véxase tamén
Outros artigos
- Noia
- Eleccións municipais en Noia