peoplepill id: paio-gomez-de-soutomaior
PGDS
Spain
6 views today
8 views this week
Paio Gómez de Soutomaior

Paio Gómez de Soutomaior

The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Death
The details (from wikipedia)

Biography

Paio Gómez de Soutomaior, nado en Pontevedra e finado en Lantañón (Meis) en 1454, foi un nobre medieval galego, que viviu nos séculos XIV e XV.

Traxectoria

Era fillo de Diego Álvarez de Soutomaior e de María Álvarez, neta de Pai Gómez Chariño. De seu pai di Vasco da Ponte:

...Houbo un fillo que se chamou Paio Gómez, moi boa persoa, home esforzado, cordo, discreto, e benquerido do rei; foi por embaixador ao gran Tamburabeque (Tamerlán)"

Tanto Diego Álvarez como o herdeiro Paio Gómez foron os primeiros e sucesivos señores da casa de Lantañón, escindida do tronco principal dos Soutomaior. Paio tivo un só irmán, Xoán Fernández de Soutomaior, probabelmente de morte temperá. Contra o que se escribiu reiteradamente, nunca foi Paio Gómez mariscal de Castela, dignidade que si ostentou seu fillo Suero Gómez de Soutomaior. En canto á condición de cabaleiro da orde da Banda, só o sería por herdanza, en canto que seu pai recibiu tal orde de Afonso XI de Castela. Paio Gómez foi embaixador de Henrique III de Castela ante o Tamerlán cando aínda era doncel do rei, nunha viaxe probabelmente comezada en 1400 ou 1401 coa finalidade, segundo as fontes, de iniciar relación políticas, de intentar evitar que Temerlán axudase aos musulmáns da península ou incluso de rescatar dúas ou tres damas apresadas polos otománs, aínda que parece que as damas, de orixe grega, foron liberadas por Tamerlán como mostra de boa vontade. De retorno está ben documentada a súa estadía en Sevilla en 1402. Unha das damas, Anxelina, casou con Diego González de Contreras, e a outra chamouse en Galiza María Gómez, aínda que tamén se alude a ela como María de Grecia, Infanta de Hungría, coa que acabou casando.

Manuscrito do Recuento de las casas antiguas del Reino de Galicia na Biblioteca Nacional de España.
Este mouro envioulle dúas sobriñas ao rei para que as casase en España; Paio Gómez indo polo camiño preñou a unha delas; cando o rei o soubo quixo degolalo, mais todos rogaron por el, e casouno o rei con ela, e mentres o rei estaba vivo non a deixou..."

A condición de infanta desta María é menos que dubidosa. Delas tivo Paio varios fillos. Morto o rei Henrique III "o doente" o arcebispo de Compostela, Lope de Mendoza, disolveu o matrimonio, probabelmente alegando Paio que casara forzado polo rei. En realidade tratouse dun a xeito de repudio á católica, para que Paio Gómez casase coa sobriña do propio arcebispo, Maior de Mendoza, con quen tivo a Suero Gómez de Soutomaior (1417-1447) e outros fillos. Os dous esposos foron enterrados no convento de San Domingos de Pontevedra.

Paio morreu na ermida de San Gregorio de Lantañón, anexa ao seu pazo-castelo solar.

Repercusión

Paio Gómez e a viaxe ao Tamerlán constitúen o eixe argumental da novela Salvador de Occidente, de Nacho Taibo (Vigo, 2001).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Filgueira Valverde, J.: Payo Gómez de Soutomayor. 1976.
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Paio Gómez de Soutomaior is in following lists

By work and/or country

comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Paio Gómez de Soutomaior
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes