peoplepill id: pablo-diaz-carro
Cantante, compositor e investigador do folclore tradicional galego
Pablo Díaz Carro
The basics
Quick Facts
Intro
Cantante, compositor e investigador do folclore tradicional galego
Places
Gender
Male
Place of birth
A Coruña, A Coruña Province, Galicia, Spain
Star sign
Age
52 years
Family
Siblings:
The details (from wikipedia)
Biography
Pablo Díaz Carro, nado na Coruña o 8 de xuño de 1972, é un cantante, compositor e investigador do folclore tradicional galego.
Traxectoria
Diplomado en Graduado Social pola Universidade da Coruña. Desde moi novo estuda e ensina materias relacionadas co baile e a música tradicional: a gaita, o clarinete, percusións variadas (tambor, bombo ou pandeireta), e a voz. Forma parte de varios grupos de música tradicional e folk (Donaire, Ruote, Entrecaixas e Tátara Trío), participando como músico e cantante. Colaborou tamén con Susana Seivane ou Pablo Seoane. Foi músico acompañante en contacontos da editorial Kalandraka.
Ten escrito artigos sobre música tradicional en revistas e xornais, participando tamén no programa Lume na palleira da Radio Galega.
Obras publicadas
Traballos individuais
- Tic Tac, 2010, Kalandraka. Libro-disco con ilustracións de Marc Taeger.
- Toc Toc, 2013, Editorial Galaxia. Libro-disco con ilustracións de Nuria Díaz.
- Xente miúda moita fartura, 2014, CD autoeditado, con ilustracións de Nicolás Fernández.
- Tic Tac Toc, 2016, Galaxia. Libro-disco
- Coas miñas mans, 2018, Galaxia. Libro-disco.
Traballos colectivos
- O Cancioneiro da Cabana de Bergantiños, con Olga Kirk, 2012, Deputación da Coruña.
Premios
- Premio Martín Codax da Música na categoría música infantil en 2014, por Toc Toc.
The contents of this page are sourced from Wikipedia article.
The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Pablo Díaz Carro is in following lists
By work and/or country
comments so far.
Comments
Credits
References and sources
Pablo Díaz Carro