peoplepill id: oliver-escobar
ÓE
Spain
4 views today
4 views this week
The basics

Quick Facts

The details (from wikipedia)

Biography

Óliver Escobar Rodríguez, nado en Xove o 30 de setembro de 1979, é un poeta galego.

Traxectoria

Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela en 2002, cun Máster en Xestión da Calidade Total en 2003, e DEA en Procesos Políticos Contemporáneos un ano máis tarde.

En 2005 mudou de residencia, trasladándose a Edimburgo, Escocia, onde traballou durante dous anos para o Departamento de Medios de Comunicación e Socioloxia da Queen Margaret University, investigando procesos de diálogo e comunicación colaborativa, participación cívica, elaboración post-empirista de políticas e resolución de conflitos.

Actualmente traballa para a Public Policy Network da Universidade de Edimburgo, onde fai a tese doutoral na Facultade de Ciencias Sociais e Políticas.

Ten actuado como asesor e facilitador para a rede humanitaria internacional Mental Health Psycosocial Support Network. Así mesmo, foi o responsable do programa de adestramento en diálogo de Edinburgh Beltane, Beacons for Public Engagement, unha rede de universidades británicas destinada a promover a integración da investigación académica e a participación cidadá.

Escritor e poeta

Entre 1993 e 2002 obtivo algúns premios literarios xuvenís coma o Minerva, María Soliño, Monte Castelo ou CAF-Filoloxía (USC), colaborando en publicacións colectivas como Voces da Terra ou Ti durmes coma un anxo na auga.

En 2003 gañou o premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores co poemario In albis, certame no que acadaría premios en 2004 con Celebración do enigma e 2005 con Venus de Terra. Tamén en 2003 obtivo un accésit na XXIII edición do Premio Esquío de poesía coa obra A última bengala.

O seu segundo libro, Apostasía, foi publicado por Edicións Positivas en 2006, con ilustracións de Martiño Vázquez Baño.

O seu derradeiro libro publicouse en setembro 2009. É un poemario bilingüe -galego-inglés- tiltulado Galician rhapsody, blues escocés, publicado por Rinoceronte Editora no selo Morgante. A versión galega dos textos foi tamén feita polo autor.

Artista polifacético

Desde 1998 até 2003 foi membro da Asociación Libre de Fotografía Negativo-Positivo en Santiago de Compostela, participando en exposicións colectivas. En 2003 foi premiado no Certame Fotogáfico do Concello de Viveiro. En 2005 participou na rodaxe de Aircraft, do Edinburgh College of Arts escocés, e recentemente colaborou nas curtametraxes Hard of Hearing e The Road Ahead, presentadas no 48Hours Film Festival en 2009 e 2010, tamén en Edimburgo.

Ao longo de varios anos formou parte do equipo de Cousas dos pequenos, que recibiu en 1988 o premio da Cope Mariña ao mellor programa radiofónico infantil. Ten escrito guións radiofónicos coma o monográfico musical sobre A Quenlla para a Cadena Ser Mariña en 1995. De setembro 2008 a setembro 2009 colaborou no "Faladoiro Planetario" do programa Un día por diante na Radio Galega.

Obra

Poesía

  • A última bengala, (2004, Sociedade de Cultura Valle-Inclán).
  • Apostasía, (2006, Positivas).
  • Galician rhapsody, blues escocés, (2009, Edicións Morgante, con tradución ao galego do propio autor). En inglés.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Óliver Escobar is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Óliver Escobar
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes