peoplepill id: olga-viano
OV
Spain
2 views today
2 views this week
Olga Viaño
Spanish journalist

Olga Viaño

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish journalist
Places
Work field
Gender
Female
Birth
Place of birth
Ferrol, Ferrol, A Coruña Province, Spain
Age
77 years
The details (from wikipedia)

Biography

Olga Cristina Viaño Sánchez, nada en Ferrol en 1931 e falecida o 4 de decembro de 2008 na Coruña, foi unha xornalista galega, e a primeira muller en dirixir un xornal en Galicia.

Traxectoria

Nada en Ferrol en 1931, graduouse en xornalismo na Escola Oficial de Madrid, co número dous da súa promoción. Obtivo o título de enfermeira pola Universidade Complutense de Madrid e realizou estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu de profesora de inglés no instituto de Segundo Ensino Concepción Arenal da súa cidade. Nai de sete fillos, traballou en El Correo Gallego e en Radio Ferrol para seguir como delegada de El Ideal Gallego na capital departamental. Despois, trasladouse a Vitoria ao diario Norte Exprés, onde exerceu de redactora xefe.

No ano 1968 regresou a Galicia, á Coruña, para incorporarse a La Voz de Galicia, na que traballou como xefa de sección local ata setembro de 1985, cando pasou a exercer o cargo de subdirectora do diario El Ideal Gallego. En 1988 foi designada directora en funcións de devandito rotativo, sendo a primeira muller que exerceu este cargo nun diario en Galicia. Ao longo destes anos deu voz aos pseudónimos de María Branca e Antía. Colaboradora fixa na primeira etapa de Antena 3 Radio e do diario ABC, membro da F.E.P.E.T., escribe sobre temas de turismo en El Correo Gallego, así como noutras publicacións españolas. Exerceu como profesora colaboradora en áreas de Teoría da Comunicación, Análise de Motivacións e Publicidade no Centro Español de Nuevas Profesiones de Coruña.

Datos persoais

  • Casou co tamén xornalista Ángel Padín.

Obras

  • Galicia, cousas e xentes: [artigos publicados en distintas datas e prensas, seleccionados de acordo coas datas de publicación, todos traducidos ó galego, pola autora], Dora Vázquez, Olga Cristina Viaño Sánchez, A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 1997.
  • La Coruña: pequeños tesoros de una gran ciudad, canda Joaquín Díaz-Pache (1996)
  • Pequeños tesoros de Pontevedra, canda Joaquín Díaz-Pache (1998)
  • Plazas de Galicia (2005)
  • Pequeños tesoros de Betanzos, la Ciudad de los Caballeros, canda Joaquín Díaz-Pache (2000)
  • El lenguaje de las puertas. Portones, portales puertas y cancelas, canda Joaquín Díaz-Pache (1997)
  • Pequeños tesoros del Ferrol de siempre, canda Joaquín Díaz-Pache Montenegro: Librería del Campus, 1997.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9. 
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Olga Viaño is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Olga Viaño
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes