Natividad Mejuto Larrauri
Quick Facts
Biography
Natividad Mejuto Larrauri, nada en Santiago de Compostela en setembro de 1910 e finada na mesma cidade en xullo de 1990, foi unha química galega e unha das primeiras docentes de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria
Natividad Mejuto estudou o bacharelato no Instituto de Santiago xunto con Elisa Díaz, quen sería unha das súas grandes amigas na facultade. Realizou os seus estudos na Facultade de Ciencias (Sección Química),e conseguiu unha bolsa na facultade de Ciencias.
En 1931 foi presentada como socia á Sociedad Española de Física y Química (SEFQ). Publicou na revista Anales de Química varios artigos, todos eles en colaboración con Fernando Calvet.Traballouno Laboratorio de Química Orgánica da Facultade de Ciencias de Santiago xuntamente con Concepción Carnero.
Foi axudante de clases prácticas das materias Química Orgánica e Química Teóricadurante 1933 e 1934 na Facultade de Ciencias.
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, Santiago, 29-7-1990, p. 34.
- ↑ Liste e Pintos
- ↑ Pintos (2016)
Véxase tamén
Bibliografía
- Liste López, Socorro; Pintos Barral, Xoana. Las primeras docentes de ciencias en la Universidad de Santiago. (PDF).
- Pintos, Xoana (2016): "As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960". Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela.
- Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia.
Ligazóns externas
- As primeiras docentes de ciencias na Universidade de Santiago de Compostela en Consello da Cultura Galega.