Miguel Cadenas
Quick Facts
Biography
Miguel Ángel Cadenas Sobreira, nado en Ourense, o 11 de abril de 1947, é un xuíz galego.
Traxectoria
Aprobou as oposicións a xuíz en 1974 e foi destinado ao xulgado de primeira instancia do Barco. En 1976 é destinado a Ribadavia, e tres anos máis tarde, en 1979 ascende a maxistrado e ocúpase de procesos laborais en tribunais do social primeiro en Burgos, logo en Vigo e logo en Oviedo. En 1986 é nomeado presidente da Audiencia provincial de Ourense, e en 1989 pasa á audiencia da Coruña. En 1995 toma posesión como presidente da sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, posto que ocupa ata 2008, cando é designado como presidente dese tribunal, o máis alto órgano xudicial de Galicia. Tomou posesión deste novo destino o 19 de febreiro de 2009.
Tamén é profesor das universidades de Santiago e da Coruña. É membro da asociación de xuíces Jueces para la Democracia.
Predecesor: Antonio González Nieto | Presidente do TSXG 2009 | Sucesor: no cargo |