peoplepill id: matias-lopez-lopez
MLL
Spain
3 views today
6 views this week
Matías López López
Spanish businessperson

Matías López López

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish businessperson
Places
Work field
Gender
Male
Place of birth
Sarria, Lugo Province, Galicia, Spain
Place of death
Madrid, Community of Madrid, Spain
Age
66 years
The details (from wikipedia)

Biography

Matías López López, nado en Santa Mariña de Sarria, o 17 de maio de 1825 e finado en Madrid o 18 de xuño de 1891, foi un político e industrial galego, benefactor do concello de Sarria.

Traxectoria

Industrial chocolateiro en Madrid, político e filántropo sarriao, foi o membro máis destacado da familia dos "Moreno" de longo asentamento na vila de Sarria. Matías López López, fillo e neto de labregos pobres, naceu na casa paterna que na fronteira á rúa ten unha lápida que di: "El Ayuntamiento de Sarria al Excmo. Sr. D. Matías López López. Benefactor e insigne hijo de esta villa. Nació en esta casa el 17 de mayo de 1825". É unha das máis humildes e reducidas casas da Sarria histórica, e no catastro de Ensenada (1753) aparece sendo titular dela unha María López. Emigrado a Madrid en 1840, montou unha factoría para a elaboración de chocolate e produtos de pastelería. Alcanzou o máis grande suceso económico e postos de relevancia na política e no mundo empresarial, sendo destacado promotor do asociacionismo derredor da Cámara de Comercio madrileña.

Foi deputado polo distrito de Sarria (1872-1873 e 1876-1879), senador pola provincia de Lugo (1877) e designado senador vitalicio en 1883.

Formou familia en Madrid, casou con Andrea Andrés Sánchez, e alí, e en El Escorial, naceron e morreron os seus fillos, sobrevivindo só as fillas Rosa, Carme e Asunción, das que quedou unha numerosa descendencia.

Após a súa morte, a súa viúva, Andrea Andrés Sánchez, obtivo da Santa Sede o título de Marquesa de Casa López. En cumprimento de disposición testamentaria de Matías López, con cargo á súa testamentaría edificouse o edificio das Escolas Públicas de Sarria, segundo proxecto redactado por Luís Bellido. O construtor foi José Rivas Novoa, veciño de Lugo. As escolas, dotadas con moderno material, foron a mellor proba do cariño que con Sarria tivo sempre Matías López, quen se desprazaba a Sarria con moita frecuencia, malia a dificultade das comunicacións con Madrid, tendo todo xénero de deferencias para coa súa terra natal.

En 1878 o concello, dado que o reloxo de Santa Mariña estaba inservible, prégalle a Matías López que adquira un en Madrid. En 1885 Matías López, Senador do Reino, dá 500 pta. e ofrece máis se fixeran falla, para algunhas medidas excepcionais por mor da epidemia de cólera. No ano 1886 o concello acordou obsequiar a Matías López cunha serenata, no mes de agosto, por xoves afeizoados. En 1888 acordan darlle o nome de RÚA MATÍAS LÓPEZ ó treito comprendido entre as casas de Juan Puga e a de Bernardo Rodríguez Romay, "xa que mirou ó pobo sempre con cariño e predilección, interesándose pola súa grandeza e distinguíndoo con algún donativo". Matías López paga os letreiros das rúas e acordan darlle unha serenata. En 1890 dirixiu carta sobre supresión de Xulgados. Diríxense a este e ó Conde Pallares, Manuel Becerra, Benigno Quiroga L. Ballesteros... para que xestionen non se suprima o de Sarria.

Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica, a Encomienda de Isabel la Católica e a Legion d’Honneur.

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Matías López López is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Matías López López
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes