María Pilar Ramallo Vázquez
Quick Facts
Biography
María Pilar Ramallo Vázquez, nada o 12 de agosto de 1970 en Marín, é unha política galega do PPdeG, dende maio de 2011 alcaldesa de Marín e deputada no Congreso dos Deputados en dúas lexislaturas.
Traxectoria
Licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, ingresou no Partido Popular, formación coa que optou como concelleira ás eleccións locais de 1995 polo concello de Marín. Foi elixida concelleira e designada para a área de Facenda. En 1999 non repite como concelleira e comeza a traballar na Delegación do Goberno en Galicia primeiro, e logo na Xunta de Galicia como asesora xurídica, sempre contratada por administracións do Partido Popular.
Nas eleccións locais de 2003 saíu elixida de novo concelleira e pasou a ocupar o posto de asistente do voceiro popular e posteriormente voceira ela mesma na oposición. En 2008 concorreu nas listas do PP ás eleccións xerais e saíu escollida deputada pola provincia de Pontevedra. En 2009 concorreu nas listas do PP ás eleccións galegas onde sae escollida deputada autonómica.
O presidente Alberto Núñez Feijóo nomeouna presidenta da Autoridade Portuaria de Marín, e dous anos máis tarde presentouse como cabeza de lista do Partido Popular ás eleccións municipais en Marín, onde obtivo a maioría absoluta dos concelleiros, bordeando a metade dos votos emitidos (49,8%) e conseguindo uns resultados históricos para o PP nese concello.
Nas Eleccións xerais de España de novembro de 2019 foi de cabeza de lista do PP pola Provincia de Pontevedra, obtendo, de novo, un escano no Congreso dos Deputados.
Véxase tamén
Bibliografía
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos
- Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición
- Eleccións municipais en Marín
Ligazóns externas
Predecesor: Francisco Veiga Soto | Alcaldesa de Marín 2011 - actualidade | Sucesor: no cargo |