Mar Barcón
Quick Facts
Biography
María del Mar Barcón Sánchez, nada en Ortigueira o 14 de maio de 1963, é unha médico e política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, cursou tamén estudos de Historia na UNED. Milita no PSdeG-PSOE desde 1985, cando se afiliou a Agrupación Socialista Coruñesa e ás Xuventudes Socialistas.
1999 - 2009: Concelleira no goberno da Coruña
Foi concelleira no goberno da Coruña desde 1999 até 2009. Nunha primeira etapa á fronte de Servizos Sociais durante os dous últimos mandatos de Francisco Vázquez. Co ascenso á alcaldía de Javier Losada en 2006 foi nomeada concelleira Urbanismo, cargo que habería anovar logo do pacto co BNG que permitiu ao PSOE coruñés manter a xestión da cidade.
Foi conselleira de Caixa Galicia dende 2004 ata 2011, período no que se xestou a venda de participacións subordinadas, coñecidas como preferentes, e apróbanse as indemnizacións millonarias á cúpula directiva. En outubro de 2011 dimitiu do seu cargo.
2005 - 2011: Deputada no Parlamento de Galicia
Logo das eleccións autonómicas de 2005 foi elixida deputada para o Parlamento galego pola provincia da Coruña, posto que repetiría após os comicios de 2009, nos que encabezou as listas pola mesma provincia.
Foi secretaria de Organización do PSdeG-PSOE de 2008 a 2013.
2011 - 2017: Volta á Corporación Municipal coruñesa e liderado local
En xuño de 2011 renunciou a acta de deputada para ser portavoz do Grupo municipal socialista no Concello da Coruña. Entrou formar parte desde 2012 do Comité Federal do PSOE.
Encabezou as listas do PSdeG-PSOE nas eleccións municipais do ano 2015, resultando elixida concelleira na oposición. En xullo de 2015 deixa o posto de voceira do grupo socialista no concello en favor do número catro da lista e tamén concelleiro José Manuel Dapena Varela.
Logo do vitoria de Pedro Sánchez sobre Susana Díaz na disputa polo liderado do PSOE Barcón, quen decidira apoiar á derrotada, anunciou o 15 de xuño de 2017 a súa renuncia á acta de concelleira na Coruña e a retirada da vida política, o que implicou tamén a súa saída do Comité Federal.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
- Ficha en galegos.info
- Mar Barcón | Candidata del PSOE Elecciones 2015, www.laopinioncoruna.es, 29/04/2015.