peoplepill id: manuel-vidal-villaverde
Manuel Vidal Villaverde
The basics
Quick Facts
The details (from wikipedia)
Biography
Manuel Vidal Villaverde, nado en Vigo en 1946, é un xornalista e poeta galego.
Traxectoria
Ten colaborado como xornalista en El Progreso e Faro de Vigo, e faino actualmente en Galicia Hoxe e en Atlántico Diario, con artigos preferentemente literarios.
Ten publicado tamén diversos traballos nas revistas Man Común, Grial e Cuadernos para el diálogo, e mostras do seu labor poético en Coordenadas (poesía galega actual) e en Nordés. É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Obra
Poesía
- Luceiros fuxidíos, 1994, Espiral Maior.
- A sombra do inimigo, 1998, Espiral Maior.
- Palabras para cando ti e mais eu sexamos vellos. Publicado en internet.
Ensaio
- Contra o tempo, 2003, Laiovento.
- Manuel María: entre santos e navallas, 2016, Laiovento.
Obras colectivas
- Alma de beiramar, 2003, AELG.
- Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
Traducións
- Soñar en Roncesvalles, de Francisco Javier Ocaña Eiroa, 1995, Xunta de Galicia. Do castelán para o galego.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha do autor na AELG
The contents of this page are sourced from Wikipedia article.
The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Manuel Vidal Villaverde is in following lists
By work and/or country
comments so far.
Comments
Manuel Vidal Villaverde