Manuel Vázquez Castro
Quick Facts
Biography
Manuel Vázquez Castro, coñecido como Manuel Barros, nado en Padrón o 1 de febreiro de 1844 e finado en Sevilla o 5 de xaneiro de 1885, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Cursou os estudos primarios en Padrón e comezou os secundarios no Instituto de Santiago de Compostela. Comezou a traballar na oficina do escribán José María Batalla San Miguel. Emigrou a Cuba en 1862 onde se iniciou como xornalista nas publicacións La Voz de Cuba e Juan Palomo. Abandonou Cuba en marzo de 1871 con destino a Nova Orleáns, de onde pasou a Nova York, para asentarse en Newburgh, onde traballou como docente. En outubro de 1871 retornou a Galicia. En maio de 1872 emigra novamente, desta volta a Buenos Aires, onde traballou en El Correo Español e fundou a Revista Galaica e dirixiu La Nación Española. Foi presidente do primeiro Centro Gallego de Buenos Aires.
Obras
- Ocios de un peregrino. Apuntes de viaje, 1875.