peoplepill id: manuel-rodeiro-1
MR
Spain
2 views today
2 views this week
The basics

Quick Facts

Places
Work field
Gender
Male
Birth
Place of birth
Miño, A Coruña Province, Galicia, Spain
Age
59 years
The details (from wikipedia)

Biography

Manuel Rodeiro Casás, nado en Miño en 1965, é un compositor, crítico, escritor e profesor galego.

Traxectoria

Rodeiro residiu en Madrid durante boa parte da súa vida profesional. Alí traballou, entre outras institucións, na Orquestra Nacional de España, onde se dedicou a catalogar os fondos da antiga Orquestra Sinfónica de Madrid. Pero a súa actividade principal, e a súa vocación primeira, foi a composición. Naqueles anos compuxo obras de encarga para o Festival Internacional de Música Contemporánea de Alacante, para o Ciclo de Cámara e Polifonía da propia Orquestra Nacional, para o Centro de Difusión da Música Contemporánea, entre outras. Cando fala do prodixio da escritura musical refírese:

A todo o que aparece máis alá do que é puramente estrutural no ámbito dunha obra. E que escribir música e un prodixio, digamos da invención destilada, porque é que hai que destilar a invención; é como se a escritura xerase, por si mesma, as condicións da súa propia liberdade, máis alá da súa adscrición a unha linguaxe ou a unha estrutura que xa lle vén dada. Aquí é onde empeza Alegría de naufragios, que ten como punto de partida unha sensación primordial, que é o hachado de cada peza na súa orixe. É algo puramente fenomenolóxico. Cando iso aparece, vai máis alá de calquera estrutura

A súa traxectoria como compositor caracterizábase, inicialmente, nunha primeira etapa, pola conquista dunha linguaxe esencialmente natural, nun momento no que o panorama musical estaba aínda moi marcado polos restos da vangarda histórica, o que o condicionou en moitos aspectos, e lle creou bastantes problemas no sentido de que nom se sentía a gusto coa expresión, a miúdo tan apocalíptica, que caracterizaba á música contemporánea, o que o levou a buscar un camiño diferente.

Despois dun amplo traballo como compositor, crítico e escritor, obtivo un gran recoñecemento como director e fundador do Departamento de Música do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Desde 2003 vive en Barcelona, onde é profesor do Departamento de Teoría Musical e Composición da Escola Superior de Música de Catalunya.

Recoñecementos

En 2012 foi galardoado co Premio da Cultura Galega en recoñecemento á súa traxectoria. Manuel Rodeiro mereceu o recoñecemento do xurado na categoría de Música polo seu labor de referencia na creación sonora contemporánea. Compositor, crítico, xestor e pedagogo, Rodeiro dirixiu o departamento de Música do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Notas

  1. Loureiro, Ramón (5 de xullo de 2000). "Escribir música es un prodigio". La Voz de Galicia. Consultado o 13 de novembro de 2021. 
  2. MIXTUR (5 de maio de 2019). "Manuel Rodeiro". Consultado o 13 de novembro de 2821. 
  3. Xornadas de Música Contemporánea 2017 Centro Nacional de Difusión Musical. Ministerio de Cultura y Deporte.
  4. "O xurado dos Premios da Cultura Galega 2012 outorga sete galardóns á excelencia creativa e á difusión cultural". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2013. Consultado o 14 de novembro de 2021. 
  5. Culturagalega (20 de novembro de 2012). "Salvador García Bodaño e Quintana Martelo entre os Premios da Cultura Galega". Consultado o 13 de novembro de 2021. 
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Manuel Rodeiro is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Manuel Rodeiro
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes