Manuel Puga Pereira
Quick Facts
Biography
Manuel Puga Pereira, nado en Redondela o 16 de xullo de 1951, é un farmacéutico e escritor galego.
Traxectoria
Licenciado en Ciencias Biolóxicas e Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Ciencias. Foi profesor da USC e despois foi director xeral dos laboratorios farmacéuticos ICI-Farma e AstraZeneca. En 2006 foi nomeado presidente do Consello Social da USC, permanecendo no cargo ata 2011; por ese cargo foi membro do Consello Galego de Universidades, do Consello de Dirección da ACSUG e do comité de honra da Fundación Camilo José Cela.
Foi presidente da Fundación Galicia-Empresa (2002-2007) e dende 2014 da Real Academia de Farmacia de Galicia e da Fundación Julian Francisco Suárez Freire. Foi vogal profesional da Comisión Avaliadora da ACSUG no campo do coñecemento de Ciencias da Saúde dende 2014. Conselleiro da Editorial Galaxia, en decembro de 2016 foi nomeado presidente da Fundación Penzol, en substitución de Afonso Zulueta de Haz.
Obras
- Ernestina Otero Sestelo. Pedagoga (Ediciós do Castro, 1992)
- Redondela, 1994.
Notas
- ↑ "Puga, nuevo presidente de la Penzol: "Queremos que la gente siga confiando en nosotros"". Faro de Vigo. 17 de decembro de 2016.