Manuel Porteiro Viña
Quick Facts
Biography
Manuel Venerando Porteiro Viña, nado en Carballo o 14 de novembro de 1901 e finado en México en 1974, foi un xornalista, sindicalista e político galego.
Traxectoria
Perito mercantil. Foi secretario xudicial e xuíz municipal de Porto do Son e A Pobra do Caramiñal. Membro da UGT, ingresou na Agrupación Socialista da Pobra do Caramiñal en 1930, da que foi o seu presidente. Dirixiu o seu órgano La Lucha. Foi concelleiro do Concello da Pobra do Caramiñal. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 logrou evadirse de Galicia e incorporarse ao Exército Republicano en abril de 1937. Pertenceu á 125 Brigada da 25 División e posteriormente foi funcionario do SIM, Xefe de Contabilidade de Delegacións Exteriores en Campsa Gentibus e Xefe do Rexistro Xeral de Orde Público e funcionario do Ministerio de Defensa Nacional en Barcelona. En 1936 foi xulgado por rebelión e declarado en rebeldía. Exiliouse en México, chegou a Veracruz a bordo do buque Ipanema en xuño de 1939. Foi administrador da fábrica de vidro Crisol. Pertenceu á Agrupación Socialista Española, presidiu o Padroado da Cultura Galega en México e colaborou en Saudade e Vieiros.
Vida persoal
Casou con Lucía Lizuain Osés.