peoplepill id: manuel-maria-manso-quijano
MMMQ
Spain
3 views today
3 views this week
Manuel María Manso Quijano

Manuel María Manso Quijano

The basics

Quick Facts

The details (from wikipedia)

Biography

Manuel María Manso Quijano foi un militar da Mariña nado en Ferrol, o 5 de outubro de 1918 e falecido en Madrid o 4 de agosto de 2006. Foi almirante da Armada, capitán xeral da zona marítima do Mediterráneo e xefe do Cuarto Militar del-Rei.

Carreira profesional

Aos 18 anos, ao comezar a guerra civil, incorporouse á Armada como mariñeiro voluntario no lado nacional; estivo embarcado no Almirante Cervera desde setembro de 1936 a xuño de 1938.

Obtivo os graos de gardamariña de segunda (1938), de primeira (1940) e alférez de navío (1942). Destinado, como alumno en prácticas, no buque escola Juan Sebastián Elcano e no minador Neptuno, formou parte da dotación de oficiais dos buques Escano, Minador Eolo, Almirante Cervera, Vulcano e Juan Sebastián Elcano. Foi segundo comandante do destrutor Melilla (1945). Ascendeu a capitán de corveta en 1950.

Neste tempo estivo destinado no Alto Estado Maior (1951), no Estado Maior da Escuadra e no Estado Maior da Frota como xefe de operacións (1952-1953). Exerceu o mando do cazasubmariños Audaz e asumiu a xefatura de operacións do Estado Maior da Frota entre os anos 1961 e 1962. En 1960, como capitán de fragata, foi comandante do destrutor Jorge Juan (1962-1964), logo xefe de operacións e segundo xefe do Estado Maior da Frota (1964-1965), e segundo comandante da Escola Naval Militar de Marín (1965-1968).

A bordo do Galicia, escribiu unhas reflexións sobre Camaradería, compañeirismo e amizade. En marzo de 1975 foi ascendido a contralmirante e a vicealmirante o 24 de novembro de 1977. Destinado ao Estado Maior da Armada, primeiro como xefe da división de Estratexia e, un ano despois, como segundo xefe do EMA (1978). O 3 de marzo de 1982 ascende a almirante e cesa na Frota para desempeñar a capitanía xeneral da zona marítima do Mediterráneo en Cartagena.

O 14 de xaneiro de 1983 asumiu a xefatura do Cuarto Militar da Casa del Rei, sendo o primeiro almirante da Armada que ocupa este destino, substituíndo o tenente xeral do Exército Joaquín de Valenzuela.

Condecoracións

  • Gran Cruz do Mérito Militar.

Datos persoais

Era fillo de María do Carme Quijano Gómez e de Xosé Manso Díaz, terceiro xeneral do Corpo de Maquinistas da Armada, que á súa vez foi o primeiro maquinista que acadou o grao de xeneral de división. Manuel María Manso cursou estudos de bacharelato no instituto de ensino medio de Ferrol.

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Manuel María Manso Quijano is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Manuel María Manso Quijano
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes