Manuel Lourenzo Sobral
Quick Facts
Biography
Manuel Antonio Lourenzo Sobral, nado en Soutomaior en 1979, é un político galego do Bloque Nacionalista Galego.
Traxectoria
Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor de Ensino Secundario en Redondela. Concelleiro en Soutomaior polo BNG dende 2013. Encabezou a candidatura do BNG en dito concello nas eleccións municipais de 2015 e 2019, conseguindo unha mellora notable dos resultados da súa formación e quedando no 2019 a 43 papeletas de lograla vitoria sobre o PPdeG.
Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi o número 4 da candidatura do BNG pola provincia de Pontevedra e foi elixido deputado. Volveu encabezar a candidatura do BNG en Soutomaior nas eleccións municipais de 2023 sendo a forza máis votada con 6 concelleiros, polo que foi elixido alcalde logrando o apoio da única concelleira do PSdeG, ca que formaría goberno.
Notas
- ↑ "Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…" Diario Oficial de Galicia n.º 117, do 16/6/2020.
- ↑ "Manu Lourenzo doblega a Reguera y alcanza la alcaldía". Diario de Pontevedra. 2023-05-29. Consultado o 2023-07-08.
Véxase tamén
Outros artigos
- Eleccións municipais en Soutomaior
Ligazóns externas
- Manuel Lourenzo Sobral Arquivado 17 de agosto de 2020 en Wayback Machine. na páxina web do Parlamento de Galicia.