Manuel Iglesias Constenla
Quick Facts
Biography
Manuel Iglesias Constenla, nado en Barro o 15 de xuño de 1893, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Foi nomeado mestre interino de Xesta (A Lama) en decembro de 1924. Aprobou as oposicións e foi nomeado mestre de Noalla en abril de 1925. En xaneiro de 1936 foi elixido presidente de Izquierda Republicana de Sanxenxo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo e detido. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión o 19 de xaneiro de 1937 na causa 832/36 co tamén mestre Estanislao Víctor Torres Pérez, foi condenado a cadea perpetua. Preso primeiro en San Simón, foi trasladado á Prisión de San Cristóbal (Pamplona) o 15 de xullo de 1937, onde permaneceu ata o 25 de abril de 1939 cando o trasladaron á Prisión de Figueirido (Pontevedra). Como resultado do proceso de depuración, foi separado do servizo e dado de baixa na escala. En liberdade provisional, traballou como administrativo no balneario da Toxa.
Vida persoal
Casou en Arbo coa tamén mestra Lourdes Rodríguez Tovar en 1930.
Notas
- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 40.
- ↑ Galicia Nueva, 21-12-1924, p. 3.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 14-4-1925, p. 2.
- ↑ El País, 17-1-1936, p. 1.
- ↑ El Progreso, 19-1-1937, p. 3.
- ↑ El Noticiero Gallego, 25-6-1940, p. 4.
- ↑ El Pueblo Gallego 14-2-1958, p. 4.
- ↑ El Eco del Condado, 10-5-1930, p. 2.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Manuel Iglesias Constenla na páxina web Nomes e Voces.
- Ficha en Los presos del penal de Ezcaba