Manuel González Oliveira
Quick Facts
Biography
Manuel González Oliveira, nado en Catoira o 27 de agosto de 1913 e finado en Barcelona en 2002, foi un fotógrafo galego.
Traxectoria
Foi albanel, traballou na empresa de auga e nunha fábrica de arame. Marchou á Coruña, onde aprendeu o oficio de fotógrafo. Regresou a Vilagarcía, onde puxo un pequeno estudo de fotografía cun socio. Na sublevación do 18 de xullo de 1936 tivo que refuxiarse no monte para evitar a morte. Entregouse en novembro de 1938. Foi xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión e condenado a 12 anos de prisión. Estivo preso no Instituto Valle-Inclán de Pontevedra e no penal de Ocaña (Toledo). Foille conmutada a pena a un ano e extinguiuna o 29 de novembro de 1939. Volveu traballar como fotógrafo en Vilagarcía ata 1987, cando marchou a vivir a Barcelona coa súa filla.