Manuel Gama Casalderrey
Quick Facts
Biography
Manuel Gama Casalderrey, nado en Lérez (Pontevedra) o 24 de xullo 1896 e finado no Grove o 11 de maio de 1950, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
Fillo de Faustino Gama. Foi un dinamizador político e un divulgador do marxismo entre a clase obreira pontevedresa dos anos trinta. Ligado dende moi novo á Sociedade de Agricultores de Lérez, impulsou a creación da Caja Rural de Lérez en 1925, da que sería o seu xerente até 1934. Foi un dos líderes máis significados da Federación Comarcal Agraria. No Congreso Provincial Agrario celebrado en abril de 1930 defendeu o relatorio “Estruturación económica do agrarismo". Colaborou en Nueva Aurora, El Pueblo Gallego, Vida Agraria, El Campesino e ¡¡Revolución!!. Foi un dos fundadores de Juventud Lerezana, entidade de carácter cultural e recreativo. Na República foi elixido concelleiro na candidatura obreiro-agraria, controlada polos comunistas e formou parte da candidatura comunista nas eleccións xerais de 1933. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, ingresou en prisión o 26 de xullo, e foi posto en liberdade o 18 de xaneiro de 1938. Sofreu un arresto de tres meses polo non pagamento dunha multa de 3.000 pesetas imposta o 21 de outubro de 1937. Volveu ser detido o 9 de marzo de 1938, foi xulgado en consello de guerra o 13 de xullo de 1938, sendo condenado por auxilio á rebelión á pena de morte. Foille conmutada a pena pola de cadea perpetua e, máis tarde, a 12 anos de prisión maior. Padecía tuberculose ósea e recorreu varios cárceres. Pasou a prisión atenuada en 1943 residindo no Grove.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Familias represaliadas: os Gama (e 3)
- O marxismo de Manuel Gama Casalderrey
- Manuel Gama Casalderrey na páxina web Nomes e Voces.