Manuel Gallego Vila
Quick Facts
Biography
Manuel Gallego Vila, nado en Taboadela en 1937,é un industrial avícola e político galego do PPdeG, alcalde de Taboadela durante máis de catro décadas.
Traxectoria
Emigrante no País Vasco, regresou a Galicia durante o franquismo e montou unha granxa de aves que estivo no berce da creación de Coren, a cooperativa avícola fundada por Euloxio Gómez Franqueira e que tivo unha extensión á política do rural ourensán.
En 1967 entrou de concelleiro en Taboadela, por designación, e foi nomeado alcalde do concello de Taboadela en 1972. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas encabezando a candidatura da UCD, e logrou a alcaldía. Permaneceu como alcalde nas sucesivas eleccións ata a actualidade, pasando por Coalición Galega, Coalición Progresista Galega, Centristas de Galicia e finalmente o Partido Popular de Galicia, sempre con maiorías absolutas.
En 2019 foi apartado da carreira pola alcaldía e foi substituído como candidato ás eleccións municipais de 2019 por Antonio Paz.
Predecesor: - | Alcalde de Taboadela 1972 - 2019 | Sucesor: no cargo |
Notas
- ↑ "Se retira el alcalde más veterano de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-01-31. Consultado o 2019-02-01.